SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 1 (ROBERTO de NAI) / SP. LAMPÓN – 0

Campo Municipal Ramón Diéguez de Pontecesures. Moi boa entrada, moi bo ambiente e moi bo campo no que seguimos invictos. Vento do sur. Perdemos un balón.

Colexiado : Marco Recigliano, do Colexio de Santiago. Do mellor que pasou por aquí. Amosou con cinco tarxetas (unha vermella) ó Furia e con outras cinco ó Sp. Lampón. Anulou un gol ó Furia na primeira parte por un discutido fora de xogo.

ALINEACIÓNS :

FURIA : Peixe, Salva, Patxi, Juanjo, Nena, Manolito, Roberto, Xabi, Álvaro, Tito e Manolo …….. Santi, Marcos e Miguel.

SP. LAMPÓN : Alcalde, González, Santos, Abel, Silva, Álex, Óscar, Benito, Calvo, Brión e Iván ….. Eloi e Blanco.

A CRÓNICA :

Unha tarde de fútbol que se presentaba feliz foise complicando pouco a pouco co paso dos minutos ata lograr o gol da vitoria.

O Furia, que xogaba practicamente co equipo de gala, empezou moi nervioso ante a necesidade de conseguir os tres puntos contra un rival xa descendido que nunca se entregou. A cousa torceuse mais cando un mal calculo dun balón aéreo de Nena forzouno a despexalo ca man sendo expulsado automaticamente polo colexiado ó entender que era xogada de gol. Minuto 23 e tocaba remar.

A pesar de todo o Furia era moi superior ó Lampón aínda que sen sorte de cara o gol e sempre atentos ós posibles contragolpes. 0 a 0 e descanso.

Na segunda metade mais do mesmo. O Furia chegaba a meta rival pero sen efectividade. Álvaro, que volveu a estar moi debaixo das súas posibilidades, fallou algún que outro man a man e o gol non chegaba.

A mellor oportunidade do Lampón chega despois de que un dianteiro lanzara un “zambombazo” contra a meta local facendo Peixe a mellor parada do partido, poñéndonos o corazón nun puño.

Tivo que ser Roberto “de Nai” o que, despois de recibir un bo balón na lina de tres cuartos, anotara logo de levar ó seu marcador e ante a saída do porteiro metela por abaixo, minuto 75, provocando o delirio da gran cantidade de público  local alí presente.

Pouco mais que contar. Final do partido con abrazos, bicos, aplausos e cervexas. O Furia, a pesar da gran cantidade de atrancos, sigue outro ano en segunda, figura de noveno clasificado a 2 puntos do Abanqueiro, sétimo clasificado.

O derradeiro encontro de liga será o domingo 13 en Aguiño, terra de bos percebes, de bo pulpo (polbo) e de boa xente.

 

 A TODAS NOSAS E A TODOS NOSOS, MOITAS GRACIAS E HALA FURIA  !!!!!!!