SEGUNDA AUTONÓMICA “ÚLTIMA XORNADA”

X. AGUIÑO – 1 /  FURIA AC – 3

Campo da Tasca, Aguiño. Tarde de moita calor.

 

Colexiado : Fran Piñeiro Prol, do Colexio de Boiro. Un dos árbitros mais educados da

categoría. Moi bo chaval. Amoestou con tres amarelas ó Aguiño e con dúas ó Furia.

 

ALINEACIÓNS :

 

AGUIÑO : Carlos, Martín, Suso, Andrés, Ricardo, Óscar, Aaron, Cador, Manolo, Marcos

e Adán …………… Olveira, Fran e Brais.

 

FURIA : Peixe, Patxi, Juanjo, Martín, Manolito, Adrián Ferro, Miguel, Tito, Álvaro,

Roberto e Xabi ………. ………….. Xabier Pazos e Álex Barreiro.

 

A CRÓNICA :

 

Nótase que a festa do día anterior repercutiu nesta ocasión positivamente nos nosos

xogadores que na primeira metade xa gañaban por 0 a 3.

 

A pesar de contar cun equipo de circunstancias, tiveron que xogar os xuvenís Xabi

Pazos e Álex Barreiro, o Furia foi moi superior ó xa descendido Aguiño.

 

O primeiro gol marcouno Álvaro e os outros dous Adrián Ferro, que tivo un moi bo

final de temporada. Fin da primeira parte.

 

Na segunda metade o Furia saíu moito mais relaxado e permitiu que o Aguiño anotase

o gol da honra por medio de Manolo, non sen antes deter Peixe un penalti.

 

Final do partido e final da liga 2011 / 2012.

 

Con este resultado o Furia remata de oitavo na clasificación e, de non haber tido

tantas baixas e incidencias, seguramente, visto o visto, acabaríamos entre os tres ou

catro primeiros pero, que lle imos facer, o fútbol é así. AGORA A POLA COPA …….

 

Este xoves, as cinco da tarde, primeira volta da COPA DO SAR, recibiremos ó SD

LUAÑA, nun partido histórico (é a primeira vez que nos enfrontamos) no Campo

Municipal Ramón Diéguez de Pontecesures.

 

…………………… A COPA DO SAR É NOSA  !!!!!!!         HALA FURIA    !!!!!!!