XLV COPA DO SAR “PRIMEIRA VOLTA”

FURIA – 3 / LUAÑA – 0 (SUSPENDIDO)

Campo Municipal de Pontecesures; menos de media entrada. Tarde primaveral. Antes

do saque inicial o capitán do Furia Tito fixo entrega dun agasallo ó capitán do Luaña

Mario Gómez.

Colexiado : Miguel Castro, de Santiago. Tivo que suspender o encontro no minuto 65

ante a actitude pouco amistosa de xogadores, delegado e corpo técnico da S. D. Luaña.

 

ALINEACIÓNS :

 

FURIA : Jóse (Peixe, 46′), Miguel, Juanjo, Martín, Manuel, Salva, Adrián Ferro, Moncho

Fernández, Tito, Xabi e Manolo …….. Quique di María, Álex e Peixe.

 

LUAÑA : Álvarez, Moldes, Alfonso, Mario, Freire, Adrián, Iván, Salvado, Diego e Rafa

…… Becerra e Toni.

 

A CRÓNICA (BREVE) :

 

Partido histórico o disputado hoxe no Campo de Porto ó enfrontarse por primeira vez

o Furia co Luaña. A primeira ocasión de gol dispuxo dela o Luaña ó lanzar

maxistralmente unha falta dende fora da area facendo unha parada de moito mérito

Jóse. Despois disto pronto anotaría o primeiro Tito. No minuto 20 marcaría o segundo

Manolo. Imos ó descanso, 2 a 0.

 

Na segunda metade repítese o tema. Comenza con outro bo lanzamento de falta do

Luaña dende fora da area que, esta vez, Peixe envía con apuros a córner.

 

Empezan a quentar os xuvenís do banquillo e o partido sigue sen maiores ocasións,

ata que no minuto 65 Moncho anota o terceiro. A partir deste xogada os “responsables

técnicos” do Luaña mandan ós seus xogadores que abandonen o campo porque ó

parecer “o árbitro é de Valga e barre para a casa … estannos roubando…. entre outras

lindeces”. Mentras tanto o porteiro visitante adicase a increpar ó colexiado véndose

este obrigado a expulsalo. O porteiro encarase co colexiado así como o resto dos

xogadores visitantes, o delegado e o adestrador rodeando ó chaval que, no medio do

follón, foi agredido podendo escapar cara o seu vestiario  protexido polos xogadores e

directivos do Furia, suspendendo o partido.

 

Houbo que esperar pola Garda Civil para que o colexiado se mostrase mais tranquilo.

Unha vez presente, identificou os denuciados quedando pendente do anexo e das

declaracións no cuartel  de Valga para o seu correspondente xuízo en Caldas de Reis.

 

Agora queda todo por decidir nas mans do comité de urxencia de mañá venres.

 

De non haber maiores problemas, xogaremos a segunda volta o domingo 19 no Campo

do Doce contra o Escravitude, que pasou de ronda ó non presentarse o Rodeiro.

 

…………………………HALA FURIA   !!!!!!!