SEGUNDA AUTONÓMICA

Oleiros – 2 / Furia – 1 (Maleko)

Partido disputado no Campo da Trinidade diante duns 150 espectadores e cun tempo soleado na meirande parte do encontro. En canto o terreo de xogo consideramos que tanto o Atlético Oleiros como o Concello de Riveira merecen outro tipo de instalacións.

Colexiado : Marcos Quintela, da delegación de Santiago. Regular. Doulle validez ó primeiro tanto do Oleiros cando o rematador estaba en claro fora de xogo. Anuloulle un gol a Lula.

ALINEACIÓNS :

OLEIROS : Fernández, Vidal, Pintado, Lijó, Fin, Fariña, San Pedro, Outeiral, do Cruse, Rego e Reino …….. Paco, Torres, Pazo, Álvaro e Muñíz.

FURIA : Peixe, Chorén, Patxi, Javi Soñora, Manuel, Manolito, Álvaro, Manu Soñora, Lula, Tito e Manolo. …….. Rañó, Pincho, Paja, Adrián Ferro e Malequillo.

A CRÓNICA :

En canto o acontecido no encontro sinalar que no minuto 15 da primeira parte adiantaríase o Oleiros nunha xogada surxida a raíz dun saque de banda e despois de rematar en última instancia un xogador local na mesma liña de gol, polo que consideramos que existía un claro fora de xogo, máis aínda cando o noso porteiro Peixe estaba un metro adiantado desa posición.

Sobre a media hora de partido chegaría o segundo gol do Atlético Oleiros despois de roubar un balón no medio do campo e definir o seu dianteiro de forma maxistral enviando o balón por riba de Peixe.

Antes de acabar a primeira metade anularíanse dous goles, un a cada equipo, ambos por sendos foras de xogo. O do club local despois de varios remates de cabeza e o do Furia despois de aproveitar Lula un rexeite do porteiro a tiro dende fora da área.

Non dou nada máis de si a primeira parte, na que o Olerios foi claro dominador e o marcador amosaba o visto ata ese momento no terreo de xogo. Como nota negativa destes primeiros 45 minutos sinalamos que se produciron tres cambios por lesión, dous no Oleiros e Salinas no Furia.

 

Na segunda metade o Furia saíu moito máis enchufado, parecía un equipo totalmente distinto o visto na primeira parte e froito desa actitude no minuto 18 marcaría Malequillo o seu primeiro gol desta tempada despois de coller un rexeite o borde da área e meter o balón pola escuadra da portería local.

A ocasión máis clara para empatar o partido dispoñería Álvaro pero o seu remate marcharíase fora dos tres paus, despois dunha boa xogada.

O dominio do Furia neste período era claro pero sen xerar claras ocasións de gol, agás a mencionada, o resto de aproximacións do Furia foron ben solventadas pola defensa do Oleiros e polo seu porteiro, que se mostraron moi seguros durante todo o encontro.

 

Con isto chegamos ó final dun partido cun dominador en cada parte e onde incluso podemos dicir que un empate sería o máis xusto, pero así é o fútbol, esperemos que para a próxima semana teñamos unha pizca máis de sorte.

O domingo 11, día do San Martiño, recibiremos ó Lesende – Lousame que nos visitará por primeira vez. O partido será as catro da tarde e esperamos volver á senda da vitoria.

 

……………………… HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *