SEGUNDA AUTONÓMICA

CORDEIRO – 2 / FURIA – 0

Campo Municipal de Baño – Xanza. Último partido da liga 2012 / 2013.

Colexiado : Óscar Martínez, auxiliado por Noel Vilamor e Gustavo Vidal, da delegación de Santiago. Anulou un gol legal a Lula que supoñería o empate a uns. Non fai capaz, ou non quixo, mostrarlle a segunda amarela ó xogador número 6 do Cordeiro Miguens logo de amoestalo por primeira vez no minuto 34. Motivos houbo de sobra. Caseiro, moi caseiro.

ALINEACIÓNS :

CORDEIRO : Busto, García, Susavila, del Oro, Martínez, Miguens, Conde, Rodríguez, Martínez II, Rodríguez II e Bermúdez …….. Bodaño, Castro, Martínez III, Ferreiro e Castro II.

Foto: Cordeiro - Furia Ac

FURIA : Adrián Ferro, Ramón, Tito, Álvaro, Salva e Peixe (c).

Lula, Quique, Manolo, Patxi e Manuel …. Manu, Santos, Rubén, Moncho e Pincho.

A CRÓNICA :

O Furia, con outro equipo de circunstancias, xogou un partido moi brando pensando mais na Copa que na liga xa que o único que se valoraba era a clasificación final que de ganar os tres puntos acabaría na sexta posición.

Con moitos xogadores ausentes basicamente por lesións, esta semana operábase Maleko dun xeonllo (“ánimo Malekiño”), ou por accidente laboral como o de Manolito, e co arbitraxe do señor Martínez Santos o Furia non foi quen de puntuar e agora queda a oportunidade da Copa do Sar xogando a segunda volta o vindeiro venres ás seis da tarde en Laiño diante do Dodro a partido único. De pasar volveríase a xogar a domicilio contra o vencedor da eliminatoria Urdilde – Silleda o domingo 19.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA  !!!!!!!!!!!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

One thought on “SEGUNDA AUTONÓMICA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *