PRETEMPORADA 2014 / 2015

SAÚDOS AFECCIÓN :

O luns 28 a partir das nove da tarde terá lugar a presentación do novo plantel do equipo de aficionados no Campo de Campaña.

A ilusión, as gañas, o saber estar, o traballo, non defraudar ….. son unhas das mínimas do corpo técnico deste club que, a pesar das desilusións e das traizóns de varios elementos, pelexará por manter o equipo o mais arriba posible.

Esperemos que despois de case vinte anos o concello nos trate cun mínimo de dignidade e nos permita usar en igualdade de condicións tódalas instalacións municipais, coche do concello, material común, etc….. por algo van á misa e ós enterros.

Para calquera dubida xa sabedes onde atoparnos.

Tan solo nos queda desexarvos o dobre que vos a nos.

Ó remate do acto haberá unha degustación de produtos galegos.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!