XXº TROFEO “RÍAS BAIXAS” (O SOL DA AROUSA)

FURIA AC – 1 (Toño; 1 – 1 ) / CD PORTAS – 2

O histórico trofeo “Rías Baixas” (O Sol da Arousa) foise para as terras de Portas nun partido moi disputado e cunha calor de moito carallo.

Parabéns o CD Portas e a súa afición por dar unha mostra exquisita de deportividade e de saber estar.

O CD Portas colle deste xeito o relevo do xuventude de Cambados que foi o último campión.

Ó remate do encontro  houbo unha merendola, con diversidade de produtos, entre os compoñentes dos dous clubs.

Domingo empezamos a liga 14/15 en Taragoña; iremos a polos tres puntos.

Moitas gracias e moita sorte no seu deambular ó CD Portas.

 

 

Foto: CD PORTAS

Aquí vos deixamos unha serie de fotos para que cuchicheedes un pouco.

        ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!

 

PRIMEIRA XORNADA DE LIGA 2014 / 2015

CCD TARAGOÑA  – FURIA AC

DOMINGO 7 DE SETEMBRO / HORA : 18.00

https://scontent-a-ams.xx.fbcdn.net/hphotos-xpa1/v/t1.0-9/1528596_1432350623666220_1192004977_n.jpg?oh=f42044f4c5ca679e43fdec3efc093bf0&oe=546A99C3Xogarase no campo de fútbol municipal da Lomba, antiga masa de monte de común da parroquia de Taragoña, hoxe  propiedade do concello de Rianxo.

Taragoña é unha parroquia con moita actividade, sobre todo musical. En Taragoña, estaban as orquestras “Gran Parada” procedente da orquestra Gran Peña, “Xente Nova“, “Nova Moda“, “Galáctica“, “África”…

Na actualidade dentro do xénero musical tradicional, hai que destacar a presenza da Banda de Gaitas Buxaina e os grupos de música tradicional “Os Cangrexeiros“, “Os Xerardos” e “Cafe ó Tisón“.

 

 http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/7/7b/IMG_8390.jpg

Aquí podedes ver todos cheos de saúde ós compoñentes do grupo Os Cangrexeiros.

 

No 1821 a comarca estaba constituída por 3 concellos (Taragoña, Rianxo e Asados). No 1836, procedeuse á reorganización nunha soa entidade municipal. No ano 1894, realizouse a construción da estrada de Padrón a Ribeira pasando pola parroquia de Taragoña, xa que era daquela un dos núcleos de maior importancia da zona por número de poboación, quedando marxinada a vila de Rianxo. No ano 1948 a guerrilla do Foucellas realizou unha acción armada en Taragoña, co resultado da morte do oficial da mariña mercante, Ramón Mosquera.

 

Pero, si por  algo foi sonada Taragoña no seu dia, non foi precisamente polo fútbol.

 

No ano 1971, produciuse un intento do pobo de Taragoña de facerse en masa e case repentinamente ó protestantismo, por mor do traslado do seu párroco e a non admisión do novo crego. Este acontecemento tan afamado por mor da época na que aconteceu fixo que este feito saíse en múltiples dominicais e prensa da época, polo que recibe o alcume de “Taragoña, a parroquia rebelde”.

 

Esperemos comenzar con bo pé e ¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!