SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 (Mario, 1 – 3 e Manu Carro, 2 – 4)

SÁLVORA – 5

Un Furia plagado de baixas entregoulle o partido o Sálvora ó  perder nos primeiros trinta minutos por 0 a 3, resultado co que se iría ó descanso.

No minuto 52 Mario acortaría distancias : 1 – 3.

No minuto 55 volve a marcar o Sálvora : 1 – 4.

No minuto 82 Manu Carro anota o 2 a 4, creando unha pequena ilusión no numeroso público asistente a este encontro.

No minuto 85 Lucas envía o balón ó poste, xerándose na mesma xogada varios “uuuiiissss”  que a inchada coreaba co ánimo de que entrara a pelota, mais esta non quixo pasar a linea de gol; quedaban cinco minutos e o Furia é capaz de calquera cousa.

Xa co tempo en desconto, co Furia totalmente envorcado na meta rival, o Sálvora poñería o marcador final en 2 a 5.

O Furia mereceu bastante mais na segunda parte pero o que manda é o resultado final.

Domingo vémonos en Queiruga. 

http://www.emoticonos.biz/thumbs/104.gif ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!