PRÓXIMOS ENCONTROS (SEMANA GRANDE DO SAN FROILÁN)

BENXAMÍNS

ESCLAVITUD – FURIA; sábado 4, hora 12.00, campo do Doce – Cruces.

 

ALEVÍNS

ABANQUEIRO “B” – FURIA; sábado 4, hora 10.00, campo de Vista Alegre – Boiro.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – BASTAVALES; domingo 5, hora 17.00, campo R. Diéguez de Pontecesures.

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.346 habitantes (708 mulleres e 638 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.382 habitantes.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/d/d4/Bastabales_Igrexa_05eue.jpg/1024px-Bastabales_Igrexa_05eue.jpg  San Xulián de Bastavales

San Salvador de Bastavales é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 253 habitantes (138 mulleres e 115 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.

No ano 1851, San Salvador de Bastavales deixa de existir como parroquia, sendo repartida entre San Xulián de Bastavales (os lugares de Soutullos e San Salvador) e Santa María dos Ánxeles (o resto dos lugares).

No ano 1908 xa existía o Centro Social, Agrícola e Pecuario de Bastavales. En 1933 constituíuse o Sindicato Republicano agrícola y pecuario de San Julián y San Salvador de Bastavales, que contaba con sede propia no lugar de Soutullos. O edifico foi restaurado recentemente polo concello.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/San_Salvador_de_Bastavales%2C_Bri%C3%B3n.jpg/640px-San_Salvador_de_Bastavales%2C_Bri%C3%B3n.jpg  San Salvador de Bastavales

 

 

https://scontent-b-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/v/t1.0-9/10174811_297689430397413_7942011849289833152_n.jpg?oh=0b80212686d29ae24a6261f1e300baed&oe=5482EE34

Bastavales UD campión de liga 2013 / 2014

   Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oyo tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
penso que por min chamades,
e d’as entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
qu’antes tiña vida enteira
y hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que d’aló me trouxeron
os que d’aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Qu’os amores xa fuxiron…
As soidades viñeron…
De pena me consumiron.  

            http://www.escudosdefutbol.stg7.net/galicia/galiter7/Bastavales.jpg

   
 
This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *