OUTRO ESCRITO PRESENTADO NO CONCELLO DE VALGA. E VAN …..

Como estamos fartos de que ninguén vexa nada do que ocorre ano tras ano e sen ningunha intención de pretender ser “chivos expiatorios” (do latín expiatorius) vímonos na obriga de presentar no rexistro municipal un escrito dirixido persoalmente a cada un dos concelleiros e concelleiras de Valga para que lles conste que si, que algo pasa “pero ata o do agora non apreciamos nada raro”.

No equipo de fútbol do cal é presidente (así consta na Federación) o funcionario- usuario habitual do coche municipal en cuestión xogaron e xogan fillos de funcionarios, de concelleiros e de outros elementos afíns. Aquí ninguén veu nada. ninguén ve como ese coche se usa para buscar a roupa dos xogadores do Cordeiro, os balóns, reparto dos carteis dos partidos en horario de traballo, os bocadillos …. ou calquera outro asunto que teña que ver co Cordeiro.

Nos non queremos volver ós  xulgados para denunciar un trato de favor infame : xa lle ganamos dous xuízos e aínda estamos pendentes doutro.

A realidade é a seguinte : que pasa cos concelleiros e cas concelleiras, “cajan” co medo?

Nos non temos nada en contra de que unha persoa sea directiva dun equipo de fútbol,  todo ó contrario : sabemos que  nos costa un par de collóns manter o equipo; pero, eso si, á nosa conta. (Incluso temos que xogar en Cesures pagando cada domingo).

Por todo o anterior exposto , e o queda no tinteiro, queremos denunciar :

Que si quere ser presidente do Cordeiro, que o sea.

Que si quere carrexar a roupa, os balóns, repartir carteis, fichar xogadores … : que o faga.

Que si ten quen lle pase a man polo lombo a sabendas de to do o que se coce, que non é pouco : que lla pasen.

PERO ESO SI : SEMPRE Á CONTA PARTICULAR DEL. QUE LLE VAIAN OS GASTOS Ó SEU BOLSILLO COMO NOS VAI ÓS DEMAIS.

Xa está ben : levamos así dende o 1996.

 https://scontent-a-lhr.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/t31.0-8/s960x960/10431151_790241281014402_6066255616663048905_o.jpg

Se queredes presenciar o espectáculo : hoxe sobre as nove da noite nas casetiñas do campo de Campaña. Calquera outro día e hora pode  valer tamén.

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *