PRÓXIMA XORNADA

BENXAMÍNS

Furia – Sar; sábado 11, hora 12.15, Campo de Campaña.

 

ALEVÍNS

Furia – Cabo da Cruz “B”; xoves 9, hora 18.30, Campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Sp. Lampón – Furia; domingo 12, hora 16.30, Campo da mina – Escarabote.

https://fbcdn-sphotos-e-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xfp1/v/t1.0-9/10371389_1513977572155737_6695422629679990640_n.jpg?oh=d7bfa82ae054aa0bb6f1534c1e295c91&oe=54B71785&__gda__=1420755925_a4d0cd07dd7fa2989812adf17fc9aa34Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza.

http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdq2/~edisp/~extract/TURGA046041~1~staticrendition/tg_contido_lateral.jpg

A igrexa parroquial de Santiago de Lampón ten a súa orixe na segunda metade do século XII.

O 15 de xaneiro celébrase a festividade de san Mauro. Na igrexa había unha imaxe deste santo, levada desde unha ermida xa desaparecida do lugar de San Mauro dada a devoción que tiña entre a veciñanza. En 1989, tras a celebración desta festa, a igrexa sufriu un incendio debido a que a capela lateral estaba chea de candeas acesas ofrecidas polas persoas devotas. Queimáronse as imaxes, pero salvouse o retablo e o edificio.

 http://www.diariodearousa.com/media/diariodearousa/images/2013/01/03/2013010323214052907.jpg

A cabalga de reis tamén é moi celebrada nesta parroquia.

Pero do que mais “ghosan” é  do enterro do Felipiño que pecha as festas do entroido.

 

   ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!