XORNADA DO 22 E 23 DE NOVEMBRO

BENXAMÍNS

DODRO – FURIA; sábado 22, hora 11.15, campo de Chenlo – Laíño.

 

ALEVÍNS

FURIA – CRUÍDO; sábado 22, hora 11.30, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

ESCLAVITUD – FURIA

Domingo 23, hora 16.00, campo Novo do Doce – A Escravitude (Cruces)

A SD Esclavitud, en castellano ou español, é un equipo histórico de fútbol da comarca do Sar. Aínda que a “Esclavitud” é unha aldea da parroquia padronesa de Santa María de Cruces, esta préstalle o nome o club debido fundamentalmente á sona que ten o santuario alí erguido.

 

http://www.galiciaparaelmundo.com/files/fotos/recursos_concellos_premium/8/santuario_de_la_esclavitud.jpg

Anque a súa  construción data do s. XVIII, as  súas oríxes son moi anteriores. Según a tradición, no 1582, o párroco de Cruces encargou unha talla de unha Virxe que instalou sobre unha fonte que había no lugar. No 1732 un enfermo bebeu da súa agua, pediu axuda á Virxe e, ós tres días estaba curado. Este feito provocou a chegada de moitos devotos que, cas súas donacións, fixeron posible a construción do santuario, obra do arquitecto José San Martín. No exterior claman a atención as súas dúas torres e a escalinata de acceso; no interior destacan os retablos do altar maior e  outro no que, con imaxes e  pinturas murais, cóntanse os feitos que deron orixe ó santuario.

A festa mais destacada neste lugar é a do Rosario, que se celebra o sete de outubro.

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Igrexa_de_San_Mar%C3%ADa_de_Cruces%2C_Padr%C3%B3n.jpg/1024px-Igrexa_de_San_Mar%C3%ADa_de_Cruces%2C_Padr%C3%B3n.jpg

 

Igrexa da parroquia de Santa María de Cruces a cal está composta polas seguintes aldeas :

A Abelina | A Angueira de Suso | O Areal | A Baiuca | Bascuas | Cruces | A Escravitude | O Loureiro | Os Muíños | O Pedroso do Norte | O Pedroso do Vendaval | A Picaraña | Prada | Queiruga | Tarrío | Vigo | O Vilar.

 

https://fbcdn-sphotos-b-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xfa1/v/t1.0-9/270385_166283820105249_6044169_n.jpg?oh=f205bb3db78287807ec2867f1b543265&oe=54D92EFF&__gda__=1423469367_aca08cf76cf3cc8eff12723e91aae9a3

Escudo da SD Esclavitud (Escravitude), onde se pode apreciar perfectamente, entre outras, un “clavo de Cristo”.

Pois cun pouco de santos, cun par de misiñas e con moitas ganas iremos este domingo a polos tres puntos ……… HALA FURIA !!!!!!!!!!