BENXAMÍNS
FURIA – CABO DA CRUZ; sábado 29, hora 11.30, campo de Campaña.
ALEVÍNS
BOIRO – FURIA; sábado 29, hora 11.00, campo de Vista Alegre – Boiro.
SEGUNDA AUTONÓMICA
FURIA – ROIS; domingo 30, hora 16.15, campo municipal R. Diéguez de Pontecesures.
Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 4.818 habitantes. O seu xentilicio é «roisense».
Está composto polas seguintes parroquias :
Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María).
A historia do club nace na década dos 60 ca creación dun pequeno equipo parroquial, chamado o “Rápido de S. Lorenzo”. Anos máis tarde, coa disolución deste primeiro equipo, créase o S.D. Seira, eran os 80. Foi unha época de transición que entregou o testigo ó noso actual Club Deportivo Rois.
No verán do 1996 nace oficialmente o club. Como homenaxe ós nosos antecesores, o C.D. Rois garda as súas mesmas siñas de identidade, plasmadas nos seus cores, o vermello e negro do “Rápido de S. Lorenzo” (1ª equipación), e o verde da S.D. Seira (2ª equipación).
O escudo é unha replica da do concello de Rois, onde destaca claramente o carballo heráldico sobre unha pelota. O do concello, como se pode observar abaixo, ten un carballo sobre unha cuncha de vieira.