DICHOSO MES QUE EMPEZA CON SANTOS E REMATA CON SAN ANDRÉ

FURIA – 3 (Manu Isorna,1 – 2; Manu Carro, 2 – 2 e Manu Isorna, 3 – 2 )

ROIS – 2

Memorable remontada épica do Furia que no minuto 80 perdía 0 a 2.

 

Ante o numeroso público presente no Ramón Diéguez de Pontecesures, o Furia anticipouse ó nadal agasallando ós seus cun tramo final de partido mais propio dunha película de Alfred Hitchcock.

 

O Rois foise para o descanso cun marcador de 0 a 2; marcador que aguantou ata que Manu Isorna no 81 puxo o 1 a 2 de penalti. Logo marcaría Manu Carro o 2 a 2 de disparo dentro da area e remataría o festival outra vez Manu isorna, outra vez de penalti, co 3 a 2 definitivo.

 

Deron os seus froitos os cambios tácticos do adestrador do Furia Marcos Jamardo “Polo” que, anticipandose á lectura do curtido adestrador visitante Augusto Múñiz “Arrigo Sacchi”, lioulla parda  remontado o encontro de xeito memorable.

 

Moitos aplausos ó remate do encontro e para a seguinte xornada esperanos o Porto do Son.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!! 😉

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *