BENXAMÍNS (APRAZADO)

FURIA – 2  (Carlos e Xabi) / ESCRAVITUDE – 1

 

https://scontent-a-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xaf1/v/t1.0-9/10885081_835372713167925_8004238690153064135_n.jpg?oh=17db525dcfb6386266a611e2b70e3711&oe=552AEB62

Benxamíns que se enfrontaron hoxe contra a SD Escravitude.

De pé, de esquerda a dereita : Iker, Dani, Samuel, Ainhoa, Yago, Lucas e José.

Aniñados, de esquerda a dereita : Xabi, Fran, Anxo, Carliños e David.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!

PRIMEIRA XORNADA DO 2015 “2ª AUTONÓMICA”

FURIA – PALMEIRA

DOMINGO 4 DE XANEIRO, ÁS CATRO DA TARDE, CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO – PONTECESURES.

http://www.escudosdefutbol.stg7.net/galicia/galiseg5/Hijos%20de%20Palmeira.jpg         http://www.eradixital.com/palmeira/images/fotos/hijospalmeira/fachadasociedad.jpg

 

Emblema e local da “Sociedad de Instrucción Hijos de Palmeira” fundada o 1 de abril de 1929 na cidade  de Newark, estado de New Jersey (USA).

Hoxe, como estamos co aninovo, ímoslle botar unha cantiga popular galega :

Os de Palmeira son tolos,

que os dixeron os da Poebla,

repinican as campanas

para matar a colebra.

 

 http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Igrexa_de_Palmeira%2C_Ribeira.jpg/300px-Igrexa_de_Palmeira%2C_Ribeira.jpg  Igrexa parroquial de San Pedro de Palmeira – Riveira

http://www.elcorreogallego.es/img/noticias/20090331/esp2f02577311_235788.jpg

Conchita Bravo Pérez preside a asociación fundada en New Jersey  en 1929.

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!

NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

A xunta directiva do Furia, xogadores, xogadoras, socias, socios e toda a masa social do club felicitan ó novo presidente pola súa recente elección, o exfutbolista e noso veciño Rafael Louzán Abal (Ribadumia, 1967).

O Furia, como todo o mundo sabe, é un club que resiste estoicamente o seu facer.

Queremos pensar que o novo presidente vai ser quen de arranxar os eternos atrancos contraídos polo concello de Valga para que poidamos traballar e desfrutar das instalacións municipais en igualdade de condicións có outro equipo de fútbol valgués.

Así o desexamos e así o esperamos.

 

http://ep01.epimg.net/ccaa/imagenes/2014/11/26/galicia/1417037699_526427_1417037903_noticia_normal.jpg Rafael Louzán, xunto co “crack” da política galega Alfonso Rueda (Pontevedra, 1968), nun acto de apoio futboleiro ó Pontevedra CF.

 

PRÓXIMA XORNADA “VÉSPERAS DO SORTEO DA LOTERÍA”

BENXAMÍNS (G – XXXVI)

Furia – Escravitude; sábado 20, hora 12:15, campo de Campaña.

ALEVÍNS (G – XXXIII / XXXIV)

Furia – Sp. Lampón; sábado 20, hora 11:00, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Recesende – Furia; domingo 21, hora 16:00, campo da Devesiña (Recesende).

 

A S.D.C. Recesende é un equipo de fútbol fundado no 1945 como Unión Club Iberia de Recesende.

Refundido no 1985 como S.D.C. Recesende, participando desde entón en competicións federadas acadando varios ascensos a 2ª Autonómica ó longo destes anos.

http://www.resultados-futbol.com/escudo-recesende-2-galicia-grupo-5-rf_754561.jpgEscudo da S.D.C. Recesende, onde sobresaen a pelota e a “virtual” coroa borbónica.

Recesende, do xermánico Ricesendi : “camiño do home rico ou señor da aristocracia”, é unha parroquia do concello de Teo composta por seis aldeas :

O Casal | Casaldomiro | A Pedra | Seoane | Tarrío | Vilanova

Teñen como patrón a un santo moi festeiro : San Xoán, cuxo día grande, como todos sabemos, celebrase o 24 de xuño.

http://static.panoramio.com/photos/large/49358018.jpg         Igrexa de San Xoán de Recesende

 

Existe outro Recesende : San Cirilo de Recesende, parroquia que se localiza no concello de Baralla (provincia de Lugo), onde se come o mellor botelo do mundo. Pero esa é outra historia.

 

DOMINGO TODAS E TODOS Á DEVESIÑA A POLOS TRES

PUNTOS E HALA FURIA  !!!!!!!!