XORNADA DA PRIMEIRA SEMANA DE DECEMBRO

BENXAMÍNS

DESCANSO

 

ALEVÍNS

Furia – Ulla “B”; xoves 4, hora 18:45, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Porto do Son – Furia; sábado 5, hora 16:30, Campo Emilio García

 

O Concello de Porto do Son é un territorio cheo de contrastes o que fai que sexa un dos lugares mais fermosos de toda Galicia.

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcTDjp0GNzOk7_FNc0XZB_T2qgx10WV01EvJkG8bmnw4642NsRxlEscudo do concello de Porto do Son, o cal figura orgulloso sen a coroa borbónica.

O territorio sonense está dividido en dez parroquias : Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña); a maior das cales é Nebra e a máis poboada Noal onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira.

 

As mellores praias do mundo : As Furnas, A de Coira, A do Pazo, A de Aguieira, A de Caveiro, A de Arnela …… Pero a lenda viva é a praia dos Castros de Baroña.

 

http://www.berenguela.com/wp-content/uploads/Castros-de-Baro%C3%B1a1.jpg

 

Baroña, orgullo galego. Orixe, loita e resistencia de todo un pobo.

A praia dos Castros, en tempos recentes, fíxose famosa polas primeiras prácticas nudistas auspiciadas, entre outros, por Miguel Cancio, controvertido sociólogo que no seu día foi pregoeiro da XVI Festa da Casa Vella de Campaña – Valga, a mediados dos 70 causando unha tremenda fonte de trifulcas.

http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080824/imagenes/03f1.jpg

Aquí podemos observar como unha veciña intenta zumbarlle cunha gran tranca a estes pioneiros do coirismo.

Hoxe, estamos seguros de que todo o anterior foi unha marabillosa etapa da nosa vida.

http://1.bp.blogspot.com/_5nmgKuHcEwc/S_5ZQDu02jI/AAAAAAAADMU/iYUP1D_Y62I/s400/Arias1vtmk.jpg

A esquerda, cun paraugas, Miguel Cancio. Á dereita, cunha maletiña, Pedro Arias actual parlamentario do Partido Popular e número dous pola Coruña.

Mais información : http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080824/domingo.html

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQHLsro7VfeJWN8jMz2CtOFw5HEPTXvCpDrW10KeMOr4MhF3PH0Emblema do Porto do Son CF ca pelotiña, ca barquiña no mar, ca Atalaia e os colores do club.

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2014/06/30/0012_201406B30C6F1jpg/Foto/B30C6F1.jpg&w=465px

Ocupa actualmente a presidencia a “holandesa” Inma Torres, muller estupenda e traballadora sempre na procura do mellor para o seu Porto do Son CF.

   – SON DO SON “OS MORDECÁNS” – https://www.youtube.com/watch?v=5WI9I7UxYg4

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!