PRÓXIMA XORNADA “LXXº cabodano do pasamento de Wassily Kandinsky,pintor e teórico da arte rusa, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de mais sona do século XX”

BENXAMÍNS

Cabo da Cruz “B” – Furia; sábado 13, hora 11:00, Vista Alegre (Boiro).

 

ALEVÍNS

Portosín – Furia; sábado 13, hora 11:00, campo da Trapa (Portosín).

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia – Urdilde; domingo 14, hora 16:00, campo R. Diéguez (Ponte Cesures).

 

Que é Urdilde? Pois aquí temos a resposta:

Santa María de Urdilde é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 851 habitantes (416 homes e 435 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 870 habitantes.

A parroquia ten unha superficie de 15,8 Km2.

Forman o núcleo parroquial catorce aldeas :

Agrafoxo | A Cabanela | A Calle | Caraveles | Casal de Gonzalo | Casal de Poño | O Castro | Macedos | Pazos | Pedre | O Pumar | Quintáns | Vilariño | Xallas

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/c/c7/Igrexa_de_Urdilde.jpg/300px-Igrexa_de_Urdilde.jpg  Igrexa parroquial de Santa María, afeada polo forte impacto visual da parella de altofalantes que coroan o campanario.

 

https://fbcdn-profile-a.akamaihd.net/hprofile-ak-xpf1/v/t1.0-1/p148x148/1509113_625803547506628_4678499029464809778_n.jpg?oh=e090ba735309958daf22d5fccc56f70e&oe=54FA63EE&__gda__=1430594433_a052f6d1b31a599844b3554216926b6f Escudo do Urdilde, onde sobresae o orgullo rural co pote de figura mais sobranceira.

 

E como estamos no ano de Wassly Kandinsky, (unha das persoas redactoras desta páxina non para de visitar o Museo  Thyssen – Bornemisza), imos pechar cunha obra mestra do abstracto ruso :

http://www.revistaimprescindibles.com/wp-content/uploads/2012/09/kandinsky1.jpg

“Estudio de color.Cadrados con círculos concéntricos” 

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!