PRÓXIMA XORNADA “VÉSPERAS DO SORTEO DA LOTERÍA”

BENXAMÍNS (G – XXXVI)

Furia – Escravitude; sábado 20, hora 12:15, campo de Campaña.

ALEVÍNS (G – XXXIII / XXXIV)

Furia – Sp. Lampón; sábado 20, hora 11:00, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Recesende – Furia; domingo 21, hora 16:00, campo da Devesiña (Recesende).

 

A S.D.C. Recesende é un equipo de fútbol fundado no 1945 como Unión Club Iberia de Recesende.

Refundido no 1985 como S.D.C. Recesende, participando desde entón en competicións federadas acadando varios ascensos a 2ª Autonómica ó longo destes anos.

http://www.resultados-futbol.com/escudo-recesende-2-galicia-grupo-5-rf_754561.jpgEscudo da S.D.C. Recesende, onde sobresaen a pelota e a “virtual” coroa borbónica.

Recesende, do xermánico Ricesendi : “camiño do home rico ou señor da aristocracia”, é unha parroquia do concello de Teo composta por seis aldeas :

O Casal | Casaldomiro | A Pedra | Seoane | Tarrío | Vilanova

Teñen como patrón a un santo moi festeiro : San Xoán, cuxo día grande, como todos sabemos, celebrase o 24 de xuño.

http://static.panoramio.com/photos/large/49358018.jpg         Igrexa de San Xoán de Recesende

 

Existe outro Recesende : San Cirilo de Recesende, parroquia que se localiza no concello de Baralla (provincia de Lugo), onde se come o mellor botelo do mundo. Pero esa é outra historia.

 

DOMINGO TODAS E TODOS Á DEVESIÑA A POLOS TRES

PUNTOS E HALA FURIA  !!!!!!!!