NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

A xunta directiva do Furia, xogadores, xogadoras, socias, socios e toda a masa social do club felicitan ó novo presidente pola súa recente elección, o exfutbolista e noso veciño Rafael Louzán Abal (Ribadumia, 1967).

O Furia, como todo o mundo sabe, é un club que resiste estoicamente o seu facer.

Queremos pensar que o novo presidente vai ser quen de arranxar os eternos atrancos contraídos polo concello de Valga para que poidamos traballar e desfrutar das instalacións municipais en igualdade de condicións có outro equipo de fútbol valgués.

Así o desexamos e así o esperamos.

 

http://ep01.epimg.net/ccaa/imagenes/2014/11/26/galicia/1417037699_526427_1417037903_noticia_normal.jpg Rafael Louzán, xunto co “crack” da política galega Alfonso Rueda (Pontevedra, 1968), nun acto de apoio futboleiro ó Pontevedra CF.