BENXAMÍNS E ALEVÍNS

FÚTBOL SALA – BENXAMÍNS

EDM DODRO “A”- FURIA : APRAZADO

 

FÚTBOL 8 – BENXAMÍNS

Sp. Lampón – 0 / Furia – 5 (Roi e Carliños, 4)

 

https://fbcdn-sphotos-g-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/10945644_851939298177933_8191101345004452286_n.jpg?oh=5c51d80f22b06068bff735679d1576ff&oe=555C8259&__gda__=1433148979_485aa85dbbd707c3b1881f28fb31de73

Equipo benxamín desprazado hoxe a Lampón – Boiro.

De pé, de esquerda a dereita : Rubén Marín (adestrador), José, Xabi, Dani, Jacobo,Yago, Lucas, Iker  e Carlos Sanjurjo (conselleiro técnico).

Aniñados, de esquerda a dereita : Fran, Carliños, David, Roi e Anxiño.

 

ALEVÍNS F8

At. Riveira – 5 / Furia – 4 (Isaac, 3 e Salvadoriño)

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!!

PRÓXIMA XORNADA “VÉSPERAS DA CANDELORIA”

FÚTBOL SALA – BENXAMÍNS –

EDM DODRO “A”- FURIA; venres 30, hora 17:00, Pavillón de Padrón.

 

FÚTBOL 8

BENXAMÍNS

Sp. Lampón – Furia; sábado 31, hora 10:00, campo da Mina – Lampón.

 

ALEVÍNS

At. Riveira – Furia; sábado 31, hora 11:15, campo da Fieiteira – Riveira.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Dodro – Furia; domingo 1, hora 16:30, campo de Chenlo – Laíño (Dodro).

 

         https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRyAiwfOi6jUbjKBL0K1bI9tCJfKn5Jqt8ELOZINhscyNgnctLI7Q                                  http://www.escudosdefutbol.stg7.net/galicia/galiseg5/Dodro.jpg

 

Escudo do Concello e do equipo de fútbol, cheos de alegría e colorido.

 

DODRO NA CULTURA POPULAR GALEGA

Poesía

Aparece Dodro plasmado na obra da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, nas estrofas de “Como chove miudiño”, poema 32 de Cantares Gallegos (1863).

  • Como chove miudiño, / como miudiño chove, / pola banda de Laíño, / pola banda de Lestrobe.

Cantigas, coplas e alalás

  • Aquelas nenas de Dodro / ben se poden alabar, / teñen ó señor San Campio / vestido de militar.

  • Elas de Laíño son, / collen o xunco na braña / e vano vender a Padrón.

  • De Laíño deben ser / onde elas lavan a cara / calquera pode beber.

  • Eu de onde estou ben vexo / as rabizas en Teaio, / tamén vexo os meus amores / na arrechán de Araño.

Refráns e ditos

  • De Lestrobe, nin bo porco nin bo home.

  • Polas brañas de Laíño vintecinco xastres van, con agullas e tesoiras para capar unha ran.

Bravú

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2013/10/11/0012_201310M11C12F2jpg/Foto/M11C12F2.jpg&w=300px  Pinto de Herbón, juapo como un sol.

No tema “Nitramón 15 15 15”, canción bravú interpretada polo Pinto d’Herbón.

  • No concello de Dodro hai un problema… / un problema que hai que ver! / as vacas de Laíño non van a “Chanteclair. 

                                                                                                                                                                                                                                                      http://fotos00.farodevigo.es/fotos/noticias/318x200/2012-05-30_IMG_2012-05-30_01:55:27_sc2.jpg                                             

  •  Non queremos esquecernos dun gran persoeiro popular e gran amigo noso : Anxo Angueira, (aldea de Manselle – San Xián de Laíño), mal xogador de truco e futbolista chambón, que foi quen de inmortalizar a súa terra : O VALO DE MANSELLE (1996).  

     

  • Despois de todo, a nós o que nos trae aquí é o fútbol. Así que este domingo outra vez :                                                           

  •  A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!                                   

     

                                                 

 

 

RIFA DE CAMPO

Número agraciado do sorteo de hoxe dun lacón da terra :

https://fbcdn-sphotos-f-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xap1/v/t1.0-9/10686763_849266535111876_6133029268782558922_n.jpg?oh=a4537677ae83042f67dd03b56b8a59cf&oe=552B0C71&__gda__=1428322989_4d881bb7d6ba4fc0227c59bb412455ffhttps://scontent-b-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/v/t1.0-9/10885135_849289028442960_3694619612777249721_n.jpg?oh=b78b71ceae55634963e311458970295b&oe=5566EB7D

 

PARABÉNS …. ARRÍMALLE UNS CHOURIZOS, UNHAS PATACAS E UNS

GRELOS E A VIVIR QUE SON CATRO DÍAS !!!!!!

 

 

 

 

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 1 (Toño) / QUEIRUGA – 0

Unha tarde moi agradable no Monte de Porto. Á beira de media entrada para presenciar o encontro.

Unha parte para cada conxunto, a primeira para o Queiruga e a segunda para o Furia.

Gran actuación do porteiro Félix Alonso que coas súas intervencións fixo que o Furia puidese quedarse cos tres puntos.

https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpa1/v/t1.0-9/10686901_849197868452076_3434508290732290436_n.jpg?oh=8d1e093aeddc8a479a1a367ec4c896fd&oe=55551121&__gda__=1433187737_3c81379d62df5b49a869acad61386c7f

 Aficionadas e aficionados da Ud Queiruga que non pararon de animar ó seu equipo.

 

https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t34.0-12/10660477_683350135085256_2059138801_n.jpg?oh=f96430ee5ea5c60b5efb72ab51516c07&oe=54C704E5&__gda__=1422331061_44f0393334648e850c71f967a7aff046

Félix Alonso, nunha autofoto coa estupenda Mari Tubío, foi a estrela do encontro.

 

   ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!

 

 

COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

PRIMEIRA VOLTA (A PARTIDO ÚNICO)

 

LARO C.F. – 4

FURIA AC – 5 (Adrián, 2 – 1; Manu Carro, 2 – 2; Rubén Marín, 2 – 3, 3 – 4 e 4 – 5)

 

   ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!                                                                                                                                                                

PRÓXIMA XORNADA

FÚTBOL SALA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL TERRAS DE IRIA

EDM PONTECESURES “A” – FURIA; venres 23, hora 17:00, pavillón de Dodro.

 

BENXAMÍNS F8

FURIA (DESCANSA)

 

ALEVÍNS

FURIA – CARREIRA; sábado 24, hora 11:30, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

 

FURIA – QUEIRUGA; domingo 25, hora 16:30, campo R. D. de Porto – Ponte Cesures.

Santo Estevo de Queiruga é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal  conta con 854 habitantes (403 homes e 451 mulleres) distribuídos en 10 aldeas : Gourís, Goltar, Cova da Braña, A Ponte, O Campo, Tarela, Tarrío, Seiras e Porto Nadelas.

É unha poboación moi festeira. As festas mais importantes do ano son as dos Remedios e as do Carme que se celebran habitualmente entre os días 24 e 26 de xullo. Practicamente desfrútanas  cando as festas mais importantes das Rías Baixas : as Festas de Campaña.

O ano pasado, por poñer un exemplo, tiveron no segundo día das festas dos Remedios unha das mellores orquestras de Galicia : a orquestra CANADÁ.

 

http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/FOTOS_FIESTAS/3089H1.jpg

A ver se volvedes para este ano, ORQUESTRA CANADÁ !!!!!!!!!

Ah!!!!! Non se esquecer de coller as rifas para o sorteo dun fantástico lacón.

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!