PRÓXIMOS ENCONTROS

BENXAMÍNS

Sar – Furia; sábado 10, hora 16:00, campo de Extramundi – Padrón.

 

ALEVÍNS

Sálvora – Furia; sábado 10, hora 10:00, campo da Fieiteira – Ribeira.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia – Taragoña; domingo 11, hora 16:00, campo municipal de Porto – Ponte Cesures.

San Salvador de Taragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda ó norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó oeste co concello de Boiro, ó leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ó sur coa ría de Arousa.

O alcume que reciben as xentes de Taragoña é o de “Cangrexeiros”. Este sobrenome é orixinario dunha peculiar historia dun veciño da parroquia chamado Felipe “O Delgado” que vivía no Burato, unha persoa de familia adiñeirada, que foi vendendo todo o seu capital e gastando os cartos ata que quedou sen un real, logo o home ía comer ás casas dos veciños e borralleiras. Asemade nos días de marea ía á ribeira á praia da Torre para mariscar e botar algo á boca, sendo naquela época moi abondosos os cangrexos na zona do río, e fixo unha empanada botándolle masa por riba dos crustáceos aínda vivos, escapando estes coa masa ó lombo cando lles chegou a quentura do lume.

 

http://fotosderianxo.files.wordpress.com/2013/11/cangrexo.jpg

 Ó non dispoñer dunha foto de Felipe “O Delgado”, mostramos a dun cangrexo común (Carcinus maenas) na honra de tan ilustre personaxe.

 

http://veredes.es/blog/wp-content/uploads/2013/10/pva_01_sans.jpg San Salvador de Taragoña.

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!!

 

 

LOTERÍA DA NENA E DO NENO 2015

Xa podedes cobrar a lotería da Nena e do Neno en http://4.bp.blogspot.com/-8WbCDAjRvzo/U6nBChSQ_eI/AAAAAAAAVsM/kvjH0Kq0Os4/s1600/aban.jpg a partir do xoves 8 de xaneiro.

Como sabedes, cóbrannos comisión por todo; así que se queredes, e podedes, agradecemos a vosa colaboración económica.

https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/10922503_518373194969264_8344310938916106199_n.jpg?oh=1a6b6e7361ba71afe2f2d3847d7ab8b9&oe=553BB2FD&__gda__=1430468759_a9158c56480f3a2278eb01f490ca5b0c

Que ben se vive.

 ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!!