Daily Archives: 27 de Xaneiro de 2015
PRÓXIMA XORNADA “VÉSPERAS DA CANDELORIA”
FÚTBOL SALA – BENXAMÍNS –
EDM DODRO “A”- FURIA; venres 30, hora 17:00, Pavillón de Padrón.
FÚTBOL 8
BENXAMÍNS
Sp. Lampón – Furia; sábado 31, hora 10:00, campo da Mina – Lampón.
ALEVÍNS
At. Riveira – Furia; sábado 31, hora 11:15, campo da Fieiteira – Riveira.
SEGUNDA AUTONÓMICA
Dodro – Furia; domingo 1, hora 16:30, campo de Chenlo – Laíño (Dodro).
Escudo do Concello e do equipo de fútbol, cheos de alegría e colorido.
DODRO NA CULTURA POPULAR GALEGA
-
Poesía
Aparece Dodro plasmado na obra da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, nas estrofas de “Como chove miudiño”, poema 32 de Cantares Gallegos (1863).
-
Como chove miudiño, / como miudiño chove, / pola banda de Laíño, / pola banda de Lestrobe.
-
Cantigas, coplas e alalás
-
Aquelas nenas de Dodro / ben se poden alabar, / teñen ó señor San Campio / vestido de militar.
-
Elas de Laíño son, / collen o xunco na braña / e vano vender a Padrón.
-
De Laíño deben ser / onde elas lavan a cara / calquera pode beber.
-
Eu de onde estou ben vexo / as rabizas en Teaio, / tamén vexo os meus amores / na arrechán de Araño.
-
Refráns e ditos
-
De Lestrobe, nin bo porco nin bo home.
-
Polas brañas de Laíño vintecinco xastres van, con agullas e tesoiras para capar unha ran.
-
Bravú
Pinto de Herbón, juapo como un sol.
No tema “Nitramón 15 15 15”, canción bravú interpretada polo Pinto d’Herbón.
-
No concello de Dodro hai un problema… / un problema que hai que ver! / as vacas de Laíño non van a “Chanteclair.
-
Non queremos esquecernos dun gran persoeiro popular e gran amigo noso : Anxo Angueira, (aldea de Manselle – San Xián de Laíño), mal xogador de truco e futbolista chambón, que foi quen de inmortalizar a súa terra : O VALO DE MANSELLE (1996).
-
Despois de todo, a nós o que nos trae aquí é o fútbol. Así que este domingo outra vez :
-
A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!