PRÓXIMA XORNADA

FÚTBOL SALA “BENXAMÍNS”

EDM Ponte Cesures – Furia; venres 13, hora 17:40, Pavillón de Padrón.

 

FÚTBOL 8

Descanso. Tempo de entroido.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA “SÁBADO DE ENTROIDO”

Furia – Sp. Lampón, SÁBADO 14, hora 16:30, Campo M. R. Diéguez de Pontecesures.

O entroido é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica.

O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa Católica Latina.

Cantiga popular :

Adeus martes de entroido,

adeus, meu amiguiño,
ata domingo de pascua
non comerei máis touciño.

Adios, martes de antroido,
adios meu queiridíño
ata o domingo de pascua

non volvo untar o fuciño.

 

LÚA CHEA DO EQUINOCCIO DE PRIMAVERA  

https://scontent-a-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/v/t1.0-9/10991394_856375631067633_466899307181624677_n.jpg?oh=baf670e2cbfa5c93d7ea5814ff746bf2&oe=554C2E12                               https://scontent-a-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-xaf1/v/t1.0-9/10959316_856375674400962_1682293259221729365_n.jpg?oh=965a0ea5194050d4b8575f570e59400d&oe=55939647                                                      CHOQUEIRAS E CHOQUEIROS NUN ENTROIDO PASADO

 A POLOS TRES PUNTOS,VIVA O ENTROIDO E HALA FURIA !!!!!!!!!

                                                                   

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *