SEGUNDA AUTONÓMICA (RESTO DE CATEGORÍAS DESCANSAN)

DOMINGO DE PASCUA

ROIS – FURIA; DOMINGO 5, HORA 17:00, CAMPO DAS BRAÑAS DE SEIRA.

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

 

O Domingo de Pascua é unha festa móbil, o que significa que non se fixa en relación ó calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (ano 325) estableceu a data da Pascua como o primeiro domingo despois da”lúa chea” tras o equinoccio de primavera. A fecha por tanto, varía entre eo 22 de marzo e o 25 de abril.

 

O 5 de abril fai 7 anos que morreu o actor norteamericano Charlton Heston, nado no ano 1924.

 

http://www.pontecesures.net/wp-content/uploads/2011/04/PascuaPa-400x266.jpg https://scontent-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/v/t1.0-9/1908156_881636291874900_5210059551250460125_n.jpg?oh=187543a38e61746e5710088f21c0be4e&oe=55A84695

Típica imaxe da Pascua en Padrón e Charlton Heston como  Ben – Hur.

Domingo pode ser un bo día para ganar o partido e despois comer o polbo ……. HALA FURIA !!!!!!

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 0 / ESCRAVITUDE – 2

Antes do comenzo do encontro gardouse un minuto de silencio polo recente pasamento de D. José Magariños Barros “Cachafeiro” histórico socio do Furia.

D.E.P. Cachafeiro.

O Furia xogou practicamente toda a segunda metade cun home de menos pola expulsión de Adrián Castaño.

https://fbcdn-sphotos-b-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xfp1/v/t1.0-9/10431699_879398422098687_7474155299981766155_n.jpg?oh=7c28a0402cc04192e3126ae7c35f087b&oe=55A35AEC&__gda__=1438544485_b6ccf1bb8ec07acdd6fda15fea789aa3https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/988911_879398578765338_3804050350704047664_n.jpg?oh=77b9c82abab31a808cf8565399dff48f&oe=55766EF1&__gda__=1437442845_a53db2a21dbe44b6f8f27e05ec851fb1

Equipo inicial do Furia.                                         Minuto de silencio por “Cachafeiro”.

 

Domingo de Pascua hai que ir xogar a Seira.      Hai que ir a polos tres puntos …. HALA FURIA !!!

NOTA NECROLÓXICA

Morreu José Ramón Magariños Barros “CACHAFEIRO”.

Socio histórico do Furia, veciño da Devesa (Campaña – Valga), deixounos con 82 anos. Gran amante do fútbol e fiel seguidor do noso equipo.

Será soterrado hoxe ás cinco da tarde na súa parroquia de Santa Cristina de Campaña.

A masa social do Furia amosa o seu mais sentido pesar por este pasamento á súa familia, especialmente á súa filla e netas.

A directiva acordou que antes do comenzo do partido Furia – Escravitude , domingo ás cinco en Porto, se garde un minuto de silencio na honra de tan ilustre socio.  

D. E. P. Cachafeiro.                      http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/7c/Igrexa_de_Santa_Cristina_de_Campa%C3%B1a,_Valga.jpg                                                                                         Santa Cristina de Campaña. 

PRÓXIMA XORNADA

FÚTBOL SALA PREBENXAMÍNS

DODRO – FURIA; venres 27, hora 17:00, Pavillón de Dodro.

 

BENXAMÍNS F8

LIGA REMATADA : 6º CLASIFICADO (24 PUNTOS)

 

ALEVÍNS F8

FURIA – BOIRO; sábado 28, hora 11:30, Campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA – DOMINGO DE RAMOS –

FURIA – ESCRAVITUDE; domingo 29, hora 17.00, Municipal de Pontecesures.

 

https://encrypted-tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcS-tx9ztLG-TETAMAWFrKeKXmy9oGiP9CtaOLap1UQiCTPHRoMe

Para os cristiáns, o Domingo de Ramos é o primeiro día da Semana Santa, período en que conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret.

 

 

 

Na parroquia padronesa de Santa María de Crucesé onde está enclavado o santuario da  Nosa Señora da Escravitude.

 

https://c1.staticflickr.com/7/6238/6249510244_1868dd5610.jpg

 

Mais nesta mesma parroquia, concretamente na aldea da Picaraña, atópase un dos “puti-clubs” con mais sona de toda a comarca : O Disco Pub La Dama del Lagohttp://www.paxinasgalegas.es/disco-pub-la-dama-del-lago-144830_01_hd.jpg

 

 

 

Pero o noso é fútbol e domingo temos que gañar si ou si ……

a polos tres puntos e HALA FURIA !!!

SEGUNDA AUTONÓMICA

OLEIROS  – 2

FURIA – 2 (Manu Nieto, 1 – 1; Rubén Marín, 1 – 2 )

https://fbcdn-sphotos-e-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xfa1/v/t1.0-9/11076179_875905209114675_5401071627931827565_n.jpg?oh=3e0ff5e2a2a3b7d4b01ae415ed78a5c6&oe=557690FB&__gda__=1437284045_386e115a45c5ba91de9fd4ac8fcf9385

A directiva do Furia acordou, aproveitando a viaxe, levarlle un presente á Santa Rita de Ponte Beluso (San Pedro de Bealo – Boiro), patroa dos imposibles. E así foi.

 

Pois  visto o visto, nin nos fixo ben nin nos fixo mal.

 

O colexiado SOBRADO TARRÍO, co marcador 2 a 2 a falta de cinco minutos para o final, non sinalou un clamoroso penalti a favor do Furia por unhas mans dun defensor local que ben poderían significar os tres puntos.

 

Moito vento, moita afición, moita ilusión  …….. O campo da Tasca é así.

Domingo todos ó campo de Porto  e hala Furia !!!!

 

 

PRÓXIMOS ENCONTROS

FÚTBO SALA

BENXAMÍNS : DESCANSO

PREBENXAMÍNS : DESCANSO

 

BENXAMÍNS F8

DESCANSO

 

ALEVÍNS

CABO DA CRUZ – FURIA; venres 20, hora 18:00, Campo de Vista Alegre – Boiro.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

OLEIROS – FURIA; domingo 22, hora 17:00, Campo da Tasca – Aguiño.

 

http://4.bp.blogspot.com/_KXw-ii6e2zw/TJefmI6quCI/AAAAAAAAALw/ASTxZkwzFo0/S170/default.jpeg O Club Atlético Oleiros é un equipo de fútbol da parroquia de San Martiño de Oleiros (Riveira), fundado no ano 1975.

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Dolmen_axeitos.JPG/120px-Dolmen_axeitos.JPG

Oleiros alberga unha das mellores xoias do paleolítico galego : “O Dolmen de Axeitos”, tamén chamada “A Pedra do Mouro”.

https://fbcdn-sphotos-e-a.akamaihd.net/hphotos-ak-frc3/v/t1.0-9/45382_104136752980274_1093693_n.jpg?oh=6715a878f7c25690e55c6847bc7f28b6&oe=5582C499&__gda__=1438480823_a993fa22a31b9f561acdee071bbbb827

Primeiro equipo do Oleiros inaugurando o Campo de Trumiáns en Artes. Os nomes, pode haber algún erro, foron sacados da rede.

 

De pé, de esquerda a dereita : Carniseiro, Caseiro, Visente de Cameán, Juan Manuel do Ferreiro, Suso o Carolo, Jose Luis do Ferreiro, Bernardo, Pego o Grande e Pinasas.

 

Aniñados : Manuel de Divina dos Muíños,Marcial de Pillado, Arcos, Ricardo “O Rubio da Pobra”, Antonio “da Pobra”,Tucho de Pego e Juan de Divina de Lixó.

Todo isto xa é historia e a nos tócanos gañar ……..

 …. a polos tres puntos e HALA FURIA !!!!!!!