NOTA NECROLÓXICA

Morreu José Ramón Magariños Barros “CACHAFEIRO”.

Socio histórico do Furia, veciño da Devesa (Campaña – Valga), deixounos con 82 anos. Gran amante do fútbol e fiel seguidor do noso equipo.

Será soterrado hoxe ás cinco da tarde na súa parroquia de Santa Cristina de Campaña.

A masa social do Furia amosa o seu mais sentido pesar por este pasamento á súa familia, especialmente á súa filla e netas.

A directiva acordou que antes do comenzo do partido Furia – Escravitude , domingo ás cinco en Porto, se garde un minuto de silencio na honra de tan ilustre socio.  

D. E. P. Cachafeiro.                      http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/7c/Igrexa_de_Santa_Cristina_de_Campa%C3%B1a,_Valga.jpg                                                                                         Santa Cristina de Campaña. 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *