FURIA – SÁLVORA; sábado 25, hora 11:30, Campo de Campaña.
SEGUNDA AUTONÓMICA
FURIA – RECESENDE; domingo 26, hora 17:00, Campo Ramón Diéguez de Pontecesures.
Acordamos non atrasar a hora por mor do partido de Balaidos entre o Celta e o Madrí. A ver se ganamos e volvemos a Europa.
Unha parte da actual directiva do Furia tomando unhas cañas antes da final do 94 contra o Zaragoza no Calderón. Unha gran excursión.. VAMOS CELTA !!!!!!!
EDM Pontecesures – Furia; venres 17, hora 17:40, Pavillón de Dodro.
SEGUNDA AUTONÓMICA
Urdilde – Furia; domingo 19, hora 17:00, Campo do Pino (Urdilde – Rois).
Mais non todo é fútbol en Urdilde.
En Urdilde, entre outras cousas, sonche moi festeiros. Por poñer un exemplo, o luns de entroido en Urdilde desfrutaron ca orquestra internacional Olympus ata ben entrada a madrugada.
A famosa Orquestra Olympus no pasado entroido de Urdilde.
Cartel publicitario de Olympus ca lenda “O VIAXE MAIS INCRIBLE”. É o que hai.
Moitísima calor no campo de Porto. Ambiente pascueiro.
María Sánchez, aquí con Manolito, foi a gañadora da rifa de campo.
O Furia xogou o último tramo do partido con dez xogadores pola expulsión de Álex Barreiro.
Antes do comenzo do encontro tivemos que arranxar un pequeno problema co piercing que David Rama, porteiro do Porto do Son, lucía na súa nariz. Houbo que solicitar a inestimable axuda do perruqueiro Francisco Manuel Vidal Martínez, veciño do campo de fútbol, para que o cancerbeiro puidese xogar con normalidade. Por certo, o protagonista positivo do partido.
David Rama, sempre rodeado de belezas. Fran Vidal, un castigador.
Moita sorte para David e moitas gracias a Fran “Perrucas”.