TERCEIRA AUTONÓMICA (50 ANOS DE PALOMARES)

FURIA – 4 (Rubén Marín, 2; Paja e Yupi)

CAMPO DA ANGUSTIA – 0

Campo Municipal de Ponte Cesures, tarde de cans e de cadelas. Menos de cen persoas. Manu Carro, que xogou de porteiro na segunda metade, detivo un penalti cando no marcador figuraba o tres a cero. O colexiado do encontro Xaquín Rivas La Fuente tivo unha actuación perfecta.

https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/t31.0-8/12471873_926309424119690_9204333259322183101_o.jpg

O capitán do Furia Roberto “Paja” facendo entrega dun agasallo ó capitán do Campo da Angustia David “Barreiro”.

No accidente de Palomares, 17 de xaneiro de 1966, víronse implicados un bombardeiro estratéxico estadounidense B-52 e un avión nodriza KC-135 (cargado con 110.000 litros de combustible) que colidiron a 10.000 metros sobre a costa mediterránea, no ceo desta  pequena localidade almeriense. O B-52 volvía da fronteira turco-soviética cara a Base Aérea de Seymour Johnson en Goldsboro, Carolina do Norte, e o KC-135 proviña da Base Aérea de Morón da Fronteira (Sevilla). A manobra era de rutina: os B-52 aprovisionábanse de combustible á ida, dende a Base Aérea de Zaragoza, e á volta dende a Morón.

1996 / 2016 VINTE ANOS NON SON NADA …. HALA FURIA !!!!! 😉

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *