TERCEIRA AUTONÓMICA “DIA DE SAN LÁZARO” ¡¡¡¡ XA ESTAMOS NA PROMOCIÓN!!!!

LUAÑA – 2 / FURIA – 1 (Manu Carro, 2 – 1) 

Moi boa entrada no campo do Bormeiral da Luaña. Temperatura agradable. Chegou a quentar o sol.

Cos resultados que se deron nesta xornada o Furia xa está clasificado matematicamente para xogar a “promoción de ascenso á segunda autonómica”.

En canto o encontro de hoxe temos que dicir que houbo un tempo para cada equipo a primeira parta para o Luaña e asegunda para o Furia.

O Luaña, que chegou a ir ganado 2 a 0, acabando pedindo papas ante o empuxe do noso equipo que buscaba o puntiño que en ese momento facía falta para clasificarse de cara a promoción.

A falta de media hora para o remate Manu Carro anotaría o 2 a 1. Con este marcador Diego Perol fixo tres paradas consecutivas de moito mérito dando a entender que un porteiro extraordinario.

Na última xogada Martín Varela puido anotar o tanto do empate ó rematar de cabeza un balón que se foi fora por moi pouco.

Agora o Vea e o Luaña xogaranse na última xornada o titulo de liga – o ascenso directo – no campo da Nogueira en Santa Cristina de Vea. Sorte para o mellor.

                     

Manu Carro, chambra azul, autor do gol. Martín Varela, cos seus irmanciños,que case marca. Diego Perol, ca súa señora, que fixo paradas de moito mérito.

1996 / 2016      VIVA A PROMOCIÓN !!!!!     HALA FURIA !!!!!!        😉

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

2 thoughts on “TERCEIRA AUTONÓMICA “DIA DE SAN LÁZARO” ¡¡¡¡ XA ESTAMOS NA PROMOCIÓN!!!!

  1. Dende o grupo ultra “OS RADIKAIS DA CANTINA” damos a noraboa publicamente ao equipo por lograr a clasificación que dá acceso a xogar o playoff, mantendo viva a ilusión de lograr un novo ascenso. Estaremos animando máis que nunca.
    NORABOA! SEMPRE FURIA!

    #20anosnonsonnada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *