SEGUNDA AUTONÓMICA

DOMINGO 9, HORA 17.00, CAMPO EMILIO GARCÍA DE PORTO DO SON.

No concello de Porto do Son nin todo é marisco ou peixe, nin todo é costa arriba ou costa abaixo, nin todo é fermosas praias ou monte abrupto. En Porto do Son está unha obra exemplar da cultura castrexa: o Castro de Baroña.

Resultado de imaxes para castro de baroña  O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de San Pedro de  Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.

Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas. Merece a pena.

Tamén é berce de gaiteiros e músicos. Aquí vos deixamos cos Mordecáns, Peret e Gayoso e a súa rumba “SON DE PORTO DO SON”:

HALA FURIA !!!!!! http://www.canalgif.net/Gifs-animados/Emoticonos/Aviones/Emoticono-animado-Avion-07.gif

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *