SEGUNDA AUTONÓMICA

             Resultado de imaxes para furia ac                     Resultado de imaxes para salvora          Resultado de imaxes para salvora

DOMINGO 30, HORA 16.30, CAMPO MPAL. R. DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.

O Sálvora CF é un equipo de fútbol do concello de Riveira. O seu nome, e o seu escudo, son unha homenaxe á fermosa illa arousana.

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia do Carme de Aguiño, creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de San Paio de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea.

Sálvora-Aguiño11eue.jpgEn primeiro plano, Carreira e Aguiño. Ó fondo, a Illa de Sálvora.

E para animarnos para gañar o domingo os tres puntos nada mellor que unha gran “horterada” do 1974 dos ingleses The Rubettes “SUGAR BABY LOVE”….. TOTAAAl !!!

HALA FURIA !!!! 😉

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *