SEGUNDA AUTONÓMICA – HOMENAXE A MANUEL NÚÑEZ PÉREZ “MANOLITO” –

FURIA – 0 / CARCACÍA – 2

Campo Municipal Ramón Diéguez de Porto (Ponte Cesures). Tarde primaveral. Aínda que non se encheu o campo, rexistrouse unha moi boa entrada. Acabáronse na cantina os refrescos de laranxa.

O peor da tarde foi a lesión do porteiro do Furia José Javier Collazo ó comenzo do partido, que tivo que ser evacuado a un centro hospitalario. Ánimo Javier !!!!! 😉

No descanso do encontro, Marcos Jamardo “Polo” en representación do Furia AC, fixo entrega dun agasallo conmemorativo polos vinte anos no club a Manuel Núñez Pérez “Manolito”, un tipo extraordinario. 😉

O Carcacía cun fútbol arcaico, mais propia doutras épocas, levouse os tres puntos dun partido onde o Furia mereceu mais. Fartáronse os recollepelotas de traballar. Os xogadores do Carcacía enchéronse de botar balóns ó monte de Porto.

Os dous goles foron anotados na segunda metade. O primeiro foi marcado en claro fora de xogo. O segundo, ó final do partido cando o Furia estaba volcado na meta visitante.

        gifs animados y emoticonos emoticones gratis para descargar de los Pitufos

O domingo último partido do ano: Furia – Bastavales  …. HALA FURIA !!!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *