4 thoughts on “HISTORIAS DO FURIA “1996 / 2016”

  1. Ola!
    Despois de moito, moito buscar, atopei unha noticia do ano 1998 que refrendaba o que eu pensaba…….
    Cunha filla xogadora de fútbol, en cadetes, nun equipo masculino, sempre escoitaba a mesma cantinela “e pode xogar en cadetes?”. Eu sempre dicía, home, vese que sí, que a recollen nas alineacións sen problemas. E sempre oia: “claro, non pode en xuvenís”.
    Eu veña a buscar por Internet, ata que un dia atopei unha noticia sobre o voso clube contando cómo loitastes épicamente polas rapazas que tiñades daquela nun equipo de cadetes.
    Grazas a vos, este ano, a miña filla, cadete de segundo ano, que segue no seu clube de toda a vida, foi axudarlles aos equipos de xuvenís, cando lles faltou xente para xogar. Esto causou asombro ata nalgún árbitro.
    Quería darvos as grazas por ser tan valentes entón e que saibades que algúns seguimos disfrutando hoxe do voso logro.
    Un saúdo!!!!

  2. Boas tardes Pili. Desculpa a nosa tardanza en responder ás túas marabillosas palabras que nos enchen de orgullo e satisfacción. Sí, foi unha gran loita. Mereceu a pena.
    En que equipo xoga a túa filla? (Podes escribir por privado). Dálle un saúdo, por exemplo: un pequeno tirón na orella dereita, de toda a xente do Furia.
    Moita sorte e moitas gracias. 😉

  3. Ola!!
    De parte do Furia, dareille un pequeno tirón na orella dereita a Ana, que xoga aínda no Once Caballeros (O Temple, Concello de Cambre, A Coruña). 😉
    Un abrazo!!!!

Deixa una resposta a Pili Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook