SEGUNDA AUTONÓMICA

Imaxe relacionada      /        Resultado de imaxes para LESENDE CF

DOMINGO 22, HORA 16:15, CAMPO MPAL. R. DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.

Hoxe toca falar un pouco de Lesende.

San Martiño de Lesende é unha das parroquias xunto con San Xoán de Camboño, San Martiño de Fruíme, San Xoán de Lousame, San Pedro de Tállara, San Xusto de Toxos Outos e Santa Eulalia de Vilacova que compoñen o pintoresco Concello de Lousame.

  Igrexa de San Xusto.

O nome de Lousame consérvase dende a época romana. Provén da palabra latina lausia, que corresponde ás lousas que tanto abundan no concello. Lousame é único concello do Barbanza que non toca co mar.

  Entrada dunha galería das Minas de San Fins.

Nos terreos ocupados polo concello consérvanse restos prehistóricos (mámoas), da Idade de Bronce (petróglifo de Lesende) e da época castrexa. De feito, no propio escudo do concello aparecen reflectidos sete castros (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruíme, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).

  Petróglifo de Lesende

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

Imaxe relacionada  Diego Antonio Cernadas de Castro

Cabe destacar do patrimonio de Lousame o Mosteiro de San Xusto, as Minas de volframio de San Fins, as fábricas de papel e, como non, o cura de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro (18-III-1702, Santiago / 30-III-1777, Fruíme), escritor e defensor orgulloso de Galicia.

DOMINGO COMENZA A REMONTADA. A POLOS TRES PUNTOS. HALA FURIA !!!!!! 😉

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *