SEGUNDA AUTONÓMICA ️️ 👬

FURIA – DODRO

DOMINGO 2 DE ABRIL, ÁS 17:30 HORAS, NO CAMPO MUNICIPAL R. D. DE PORTO.

BREVE REFERENCIA HISTÓRICA DO CONCELLO DE DODRO:

O 7 de xuño de 1836, o concello de Padrón divídese en dous,formando unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño, dende aquela data o concello mantivo a mesma delimitación e configuración actual, e malia que sufriu varios intentos de supresión e incorporación ó de Padrón, nunca chegaron a producirse. O feito importante para Dodro foi o Pacto de Lestrobe, xuntanza política no Pazo da Ermida en 1930 que acudiron representantes (entre outros Santiago Casares Quiroga) dos diversos partidos e agrupacións republicanos, que acordaron a creación da Federación Republicana Galega (FRG), que tiña como obxectivo principal loitar pola autonomía para Galicia.É no século XVI cando comeza o asentamento de varias familias nobres de Dodro. Así atopamos dentro dos límites municipais varios pazos como son o Pazo de Lestrobe, o da Ermida e o de Tarrío, entre outros.

http://arquitecturadegalicia.eu/revista/wp-content/uploads/2014/04/PAZO-DE-LESTROVE-021.jpg   Resultado de imaxes para Pazo da Hermida  Resultado de imaxes para Pazo da tarrio laiño fotos

Pazo de Lestrobe. Pazo da Ermida. Pazo de Tarrío.

O Pacto de Lestrobe foi a xuntanza celebrada o 26 de marzo de 1930 no Pazo da Ermida de Lestrobe (Dodro) na que se acordou a constitución da Federación Republicana Gallega. Participaron os partidos ORGA, Partido Radical, Partido Radical Socialista e Partido Republicano Federal e personalidades republicanas galegas. Pretendían establecer unha estratexia conxunta e autónoma dos republicanos galegos.

Asistiron unhas 50 persoas, entre outros Gerardo Abad Conde e Santiago Casares Quiroga, sendo dono do pazo José Vázquez Batalla. Asinaron un manifesto dirixido á opinión pública.

A polos tres puntos e Hala Furia !!!!!              gifs animados y emoticonos emoticones gratis para descargar de Garfield

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *