MANCHESTER UNITED – CELTA “PARTIDO DE VOLTA DA LIGA EUROPA”

Resultado de imaxes para manchester united          Resultado de imaxes para CELTA DE VIGO

XOVES 11 DE MAIO, HORA 21:05, CAMPO DE OLD TRAFFORD (MANCHESTER, R. U.)

A directiva do Furia, en colaboración ca peña celtista “O Furúnculo no Escroto” (fundada o 20 de abril de 1994), está estudando a posibilidade dunha viaxe para acudir a este histórico encontro.

Xa hai negociacións con algún que outro organismo público para acollernos a unha axuda que nos poida animar para desprazarnos a Manchester. A ver se hai sorte. 😛 

 

O campo de fútbol Old Trafford, tamén coñecido como “O teatro dos soños”, é o estadio do Manchester United F.C. Está situado no distrito de Trafford, na cidade de Manchester (Inglaterra). Ten a categoría de estadio 5 estrelas da UEFA. O terreo de xogo mide 105 x 68 m e ten unha capacidade de 76212 espectadores.

HALA CELTA !!!!!! 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *