SEGUNDA AUTONÓMICA

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSVQV2F_zybzeu-UBmUjmkQsUWXDdqYlS8yfAMMibUT6wm5Y7MHYw                                       Resultado de imaxes para CARCACIA CF

LUNS 1 DE MAIO, HORA 18:00, CAMPO DE MIRARRÍOS (SAN PEDRO DE CARCACÍA)

Hoxe é 25 de abril “Día da Revolución dos Caraveis“.

O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar, na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ó pobo portugués (denominándose “Día da Liberdade” ó día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.

Imaxe relacionada  Soldados portugueses cas armas “cargadas” de caraveis.

A Revolución Portuguesa tamén nos deixou cousas tan marabillosas como esta canción eterna de Zeca Afonso (Aveiro, 2 de agosto de 1929; Setúbal, 23 de febreiro de 1987).

Zeca Afonso tamén era do Furia.

A polos tres puntos e HALA FURIA !!!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *