TERCEIRA AUTONÓMICA

FURIA – LAMPÓN

Domingo 22, hora 16:30, Campo Municipal R. D. de Porto (Ponte Cesures).

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

  Mais, que é Lampón?

Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal no ano 2013 tiña 2301 habitantes (1141 homes e 1160 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2433 habitantes. A maior parte da poboación (68 %) concéntrase no casco urbano. A pesca, nas zonas da parroquia próximas ao mar, e a agricultura (nas zonas de montaña) seguen a ter un importante papel no modo de vida da xente de Lampón.

Resultado de imaxes para iglesia de lampon Igrexa parroquial de Santiago de Lampón.

Pronto volveremos a recopilar e publicar a historia do Furia. A última temporada foi a 2006/2007; a seguinte será a partir da 2007/2008.

A redactora da hemeroteca do Furia xa está amañando todo pasiño a pasiño para que pronto poidades repasar a nosa historia.

Como non lle gustan moito os ovos á nosa redactora, imos animala con esta absurda canción de DJ.JR & AZUL AZUL – MAMÁ NON QUERO COMER MAIS OVO…

HALA FURIA!!

 

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *