INAUGARACIÓN DA NOVA SEDE DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL EN SANTIAGO

O pasado domingo 19 de novembro, ás 12.00 horas, tivo lugar nun local do Estadio Municipal de Fútbol de San Lázaro en Santiago a inauguración da nova sede da delegación da Federación Galega de Fútbol.

Sempre de xeito discreto, como é habitual, alí estiveron tres representantes do Furia: o presidente, o coordinador xeral e o xerente da base para arroupar ó veciño de Campaña Javier Rodríguez Romero “Javier Saborido” como novo responsable da Delegación de Fútbol en Santiago. Moita sorte para Javier e a nós que non nos falte.

O presidente da F.G.F. Rafael Louzán.

https://media.licdn.com/mpr/mpr/shrinknp_200_200/AAEAAQAAAAAAAA17AAAAJDg5MjFmZmU4LWYyYzQtNDdkNS05OWNlLTk3Yzc2NWE1YjVmYQ.jpg Javier Rodríguez Romero “Javier Saborido” novo delegado da F.G.F. en Santiago.

O presidente do Furia, detrás do secretario da F.G.F. Diego Batalla, nunha foto pouco ortodoxa.

O coordinador xeral e o xerente da base do Furia ó fondo da foto.

 

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *