TERCEIRA GALEGA

FURIA – BAROÑA; domingo 14, hora 16,15, Campo Municipal Ramón  Diéguez (Porto – Ponte Cesures).

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS

San Pedro de Baroña é unha das dez parroquias que compoñen o espectacular e fermoso Concello de Porto do Son.

Na parroquia de Baroña localizase unha das aldeas castrexas mais importantes do mundo: O CASTRO DE BAROÑA.

https://img00.rhimg.com/b.26262.400.267.0.ffffff.887bbc44.jpg

Pegadiña ó Castro, podemos atopar unhas das praias pioneiras en Galicia do nudismo: a Praia de Area Longa.

Imaxe relacionada

 

PEQUENAS NOTAS

O pasado domingo 7 de xaneiro deixounos ós setenta anos a inimitable e polifacética artista francesa France Gall. De nome real Isabelle Geneviève Marie Anne Gall, nacera en París, Francia, o 9 de outubro do 1947 e finou en Neuilly-sur-Seine, unha pequena localidade ó noroeste de París.

Vaia para ela o noso recordo e agradecemento pola súa valentía e o seu traballo.

Foi gañadora do Festival de Eurovisión de 1965 representando a Luxemburgo ca canción “Poupée de cire, poupée de son” (“Moneca de cera, moneca de palla”), a cal a levaría o estrelado de xeito tremendo.

France Gall tamén é do Furia.

Domingo a polos tres puntos e HALA FURIA!! Emoticon deporte futbol gym

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *