A CANTEIRA DO FURIA ESTARÁ EN RIAZOR NO DEPORTIVO DA CORUÑA – VALENCIA

Este sábado 13 os xogadores e xogadoras da canteira do Furia acompañados por varios membros do corpo técnico, a delegada de comunicación, a xefa de gabinete, asesores de coordinación, familiares e membros da directiva asistirán na Coruña ó encontro de fútbol da Liga de Primeira División que se disputará en Riazor ás nove menos cuarto da noite entre os equipos Deportivo da Coruña (17º/16 ptos.) e o Valencia CF (3º/37 ptos.).

Resultado de imaxes para deportivo la coruna  https://statics.proyectoclubes.com/images/escudos/teams/deportivo.png      http://www.valenciacf.com/images/escudos/191.png

O viaxe será en autobús, con saída aproximada ás seis da tarde do aparcadoiro do Centro Médico de Baño (A Devesa – Campaña), lugar habitual das quedadas do Furia.

AUTOBUS

O Furia, con este evento, demostra unha vez mais o seu bo facer e a súa boa relación con diversos clubs de Galicia, tanto aficionados como profesionais: Celta, Choco, Ribadumia, Pontevedra, Bergantiños, Arousa, Céltiga, Lugo, Racing de Ferrol, Cambados…. e agora o Deportivo da Coruña.

O Furia agradece a sempre desinteresada colaboración da xente de “O Furúnculo no Escroto”, sen o apoio desta peña nunca sería o mesmo.

Moito sorte para o Deportivo da Coruña e que non chova!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *