TERCEIRA GALEGA

SP. LAMPÓN (4º clasificado, en posición de premoción de ascenso con 39 puntos) – FURIA (8º clasificado con 29 puntos, a catro da promoción de ascenso): domingo 4, ás 16.30, no Campo Comunal da Mina (A Madalena – Lampón – Boiro).

Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal  en 2013 tiña 2301 habitantes (1141 homes e 1160 mulleres) distribuídos en 19 aldeas, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2433 habitantes. A maior parte da poboación (68 %) concéntrase no casco urbano de Escarabote. A pesca, nas zonas da parroquia próximas ao mar, e a agricultura (nas zonas de montaña) seguen a ter un importante papel no modo de vida da xente de Lampón.

A FESTA DA XUVENTUDE DE ESCARABOTE

Na aldea lamponiense de Escarabote montan no mes de marzo un tremendo follón ca Festa da Xuventude.

Aquí vos deixamos o cartel do ano pasado. Vaia festón!!

VII Festa da Xuventude de Escarabote en Boiro  Emoticon smileys animados

 

Os nosos veciños de D’MODA, con Lidia á cabeza, arrasaron con todo.

a polos tres puntos con D’MODA e Hala Furia!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *