XI COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

PARTIDO HISTÓRICO

CED COTOBADE – FURIA AC (XOVES  29, ÁS DOCE HORAS)

Por primeira vez na historia xogaremos no Campo das Extremas (As Lagoas – Rebordelo – Cotobade).

O CED Cotobade participa na liga da Terceira Galega (G-XII), leva en 17 partidos 29 puntos, con 36 goles a favor e trinta en contra. Está clasificado na sexta posición en promoción de ascenso, nunha liga que lidera o SCD Poio con 50 puntos.

Resultado de imaxes para ced cotobadeEscudo do CED Cotobade.

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. No ano 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio é cotobadés ou cotobadesa.

O municipio de Cerdedo-Cotobade encóntrase na bisbarra de Terras de Pontevedra e a a tan só 22 km. da capital. Pódese considerar a Cotobade un lugar moi rico en canto a patrimonio, tanto polos restos arqueolóxicos, os seus espazos naturais, ou pola arquitectura que acharemos neste municipio.

Cerdedo-Cotobade conserva na parroquia de San Xurxo de Sacos, un importante conxunto de gravados rupestres entre os que destacan Os petróglifos de Fentáns. O conxunto acolle múltiples estacións que supoñen unhas 300 pedras gravadas, aínda que son tres as rocas más destacables: a Pedra dás Ferraduras¸ a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro, tres estacións de gran importancia arqueolóxica que permiten facer unha ruta case circular partindo das cercanías da Ermida de Lixó. Tamén son especialmente relevantes os complexos rupestres localizados na parroquia Viascón onde se atopan as estacións de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Dos espazos naturais destacan dous principalmente, un o río Lérez, que forma parte da fronteira oeste e norte do municipio e polo leste a Serra do Cando. Uns e outro permiten permiten atractivas rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña (BBT) . O Lérez e a sua cunca aportan a Cotobade un importante patrimonio natural,  cultural e etnográfico onde salientan os bosques de ribeira e frondosas autóctonas, como a Carballeira de San Xusto, zonas balneares como os Baños de San Xusto, e numerosos muiños e pontes medievais, entre os que salienta a Ponte de Pedre.

No tocante ao patrimonio construído, compre destacar a Igrexa de Santa María de Sacos, románica, e a importante pegada do barroco que ofrece mostras tan elaboradas como Igrexa de Augasantas, ou as de Almofrei, Borela, Carballedo, Rebordelo ou Valongo, asi como a presenza na contorna de Cerdedo de notables conxuntos etnográficos como son os “eirados” ou conxuntos de hórreos.

Un territorio que ben merece unha visita (ou dúas).

ponte de pedre Eirado de Pedre (Cerdedo Cotobade)  Capela de San Xusto, Cotobade

00_san xusto-os-banos  09 cotobade san miguel de carballedo  Resultado de imaxes para cuspedriños

Ponte de Pedre. Eira Grande de Pedre. Carballeira e Capela de San xusto.

Baños de San Xusto. Igrexa de Santa María de Augasantas. Pendellos de Cuspedriños.

A pola segunda ronda e HALA FURIA!!

 

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *