TERCEIRA GALEGA

DOMINGO 6 DE MAIO: BRINCADEIRA

Estamos no maio!! e de regalo, ó noso entender, o mellor disco en galego de tódolos tempos: Ahí ven o maio de Luís Emilio Batallán (nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, médico e músico galego).

Fillo de Luís Batallán Pena. En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares. Foi durante catro anos presidente do Pontevedra Club de Fútbol.

Casado e con dúas fillas. Na actualidade é médico rural en Moraña.

Batallán foi fillo de Luís Batallán Pena, médico, e alcalde de Moraña durante o franquismo, e mais de Ofelia González Taboada, farmacéutica en Moraña, finada en 2015.

Resultado de imaxes para luís emilio batallán  😎

vémonos o 13 de maio en Baroña (Porto do Son). HALA FURIA!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *