TERCEIRA GALEGA

Como temos de data tope ata hoxe ás seis da tarde para poñer campo e hora, e tendo en conta que os responsables actuais do concello de Valga non deberon ter tempo de contestarnos ó escrito do 19 de setembro, vémonos na obriga de xogar no Campo Municipal Ramón Diéguez de Pontecesures.

A ver se contestan para a semana.

FURIA – LAMPÓN: DOMINGO 30, HORA 18.30, CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES.

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal, no ano 2013 tiña 2301 habitantes (1141 homes e 1160 mulleres) distribuídos en 19 aldeas, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2433 habitantes. A maior parte da poboación (68 %) concéntrase no casco urbano. A pesca, nas zonas da parroquia próximas ao mar, e a agricultura (nas zonas de montaña) seguen a ter un importante papel no modo de vida da xente de Lampón.

AS FESTAS DE LAMPÓN

Aquí vos deixamos cunha actuación da FANIA BLANCO SHOW no incombustible LUAR:

a polos tres puntos e HALA FURIA!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *