TERCEIRA AUTONÓMICA

FURIA – DODRO

DOMINGO 23, HORA 16.30, CAMPO R. DIÉGUEZ (PONTE CESURES).

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS.

Un pouco de Dodro.

O equipo de fútbol do CD Dodro que xoga no campo de Chenlo, naceu no ano 2000 como continuación do CD Bacelos, que á súa vez foi tamén a continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol dodrense, que chegou a xogar na primeira autonómica e a gañar 3 Copas do Sar.

Dodro, tamén chamado polos moradores deste lado do río “A BANDA DO MAR”, é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. No ano 2015 tiña 2882 habitantes. Tendo en conta que no ano 1986 habitaban en Dodro 3661 persoas e, tendo en conta que esta tendencia vai sempre á baixa dende dende fai mais de 30 anos, non sería de estrañar que en pouco tempo este territorio sexa absorbido por algún que outro concello limítrofe.

 

Tres parroquias compoñen este fermoso territorio: Santa María de Dodro (que inclúe a aldea secesionista de Lestrobe), San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño.

Igrexa parroquial de Dodro. Dodro. Galiza-2.jpg Igrexa de San Xián de Laíño, Dodro.jpg  Imaxe relacionada

Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño.

Dodro na cultura popular:

Poesía

Aparece Dodro plasmado na obra de Rosalía de Castro, nas estrofas de “Como chove miudiño”, poema 32 de Cantares Gallegos (1863):

  • Como chove miudiño, / como miudiño chove, / pola banda de Laíño, / pola banda de Lestrobe.

Refraneiro

  • De Lestrobe, nin bo porco nin bo home.

  • Polas brañas de Laíño vintecinco xastres van, con agullas e tesoiras para capar unha ran.

Cantigueiro

  • Aquelas nenas de Dodro / ben se poden alabar, / teñen ó señor San Campio / vestido de militar.

  • Elas de Laíño son, / collen o xunco na braña / e vano vender a Padrón.

  • De Laíño deben ser / onde elas lavan a cara / calquera pode beber.

  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán do Araño.

Bravú

No tema “Nitramón 15 15 15”, canción bravú interpretada polo Pinto d’Herbón.

  • No concello de Dodro hai un problema… / un problema que hai qué ver! / as vacas de Laíño non van a “Chanteclair”.

 

Resultado de imaxes para rosalia de castro Resultado de imaxes para anxo angueira  Resultado de imaxes para pinto de herbon

Rosalía, Anxo e o Pinto na cultura popular da “Banda do Mar”.

domingo a polos tres puntos e ALA FURIA!! Emoticon informatica pc

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *