TERCEIRA GALEGA

PALMEIRA – FURIA: DOMINGO 13, ÁS CATRO DA TARDE, NO NOVO CAMPO DE VENTÍN (PALMEIRA – RIVEIRA).

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Riveira. No ano 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos por 18 aldeas, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

Igrexa de Palmeira, Ribeira.jpg

Igrexa parroquial de San Pedro de Palmeira

Na aldea de Figueirido está a Pedra das Cabras, un espectacular petróglifo datado na idade de bronce.

A Pedra das Cabras (2200 – 1800 antes de Cristo).

Palmeira, aparte de ser un coqueto pobo mariñeiro, ten o seu “aquel” ca Sociedad Hijos de Palmeira, fundada o 1 de abril do ano 1929 en Newark, capital do estado de New Jersey (USA), a unha hora en coche ó oeste de New York, cruzando o río Hudson.

Esta “Sociedá” foi a primeira en sufragar economicamente e beneficiar, entre outras iniciativas coma é o equipo de fútbol, cunha escola pública a tódolos veciños e veciñas de Palmeira.

Vaia dende aquí unha pequena homenaxe ós fundadores da SHP (1929):

Andrés Paisal Ramos -presidente-, Vicente Franco Paisal -vicepresidente-, Jesús González -secretario-, Andrés Santiago Gómez -vicesecretario-, Antonio Rodríguez Martínez -tesoureiro-, e os vogais Pedro Gómez Pazos, Andrés Santiago Rodríguez, Andrés Gago Fernández e Francisco Blanco.

Resultado de imaxes para sociedad hijos de palmeira
Mo

Mosaico conservado na Sociedad Hijos de Palmeira. Neste emblema figuran os símbolos masónicos, presencia que non será, supoñemos, froito da casualidade, pero esa é outra historia. De loxias, mandís, escuadras e compases falaremos, ó mellor, noutra ocasión.

Domingo a polos tres puntos…..ALA FURIA!!


This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *