TERCEIRA GALEGA

FURIA – CARREIRA

DOMINGO 20, HORA 16.30, NO CAMPO MUNICIPAL R. D. DE PONTE CESURES.

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

Ca visita do Carreira terminase a primeira volta.

O Carreira é un equipo de fútbol da parroquia riveirense de San Paio de Carreira, na comarca do Barbanza. No ano 2007 tiña 2.211 habitantes (1.072 homes e 1.139 mulleres), 37 máis có ano anterior.

Igrexa parroquial de San Paio de Carreira, chea de sol por tódalas partes.

Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Riveira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Capela de San Paio de Vilar de Cordeiro, de finais do século XVIII.

Imaxe dun partido no San Paio de Refoxos  - Foto- Jose Cambeiro

Campo de fútbol municipal de San Paio de Refoxos de Cee.                                                                                                                                                   Como curiosidade debemos indicar que San Paio tamén é capela de Vilar de Cordeiro, así como a igrexa parroquial da Estrada ou o Campo de Fútbol Municipal de Cee entre outras caralladas…

Resultado de imaxes para igrexa de san paio da estrada

Igrexa parroquial de San Paio da Estrada.

De tódolos San Paio aquí nomeados, imos quedarnos co noso.

O día da Candelaria, desde 1918, os veciños e veciñas de Vilar de Cordeiro (Valga) celebran unha singular procesión, na cal varias mulleres cargan con cestas cheas de lacóns. A tradición iniciouse a raíz da virulenta epidemia de gripe que asolou aquel ano toda a península Ibérica. Hai outras tradicións ligadas a esta peculiar celebración da Candelaria, como a de pasar por debaixo da imaxe dos santos ou a de bendicir velas contra as tormentas.

A aldea de Vilar (na parroquia de Cordeiro, Valga) celebra cada 25 de xaneiro a festa do seu patrón, San Paio. E faino con unha procesión que consiste en ir ata a igrexa parroquial e levar para a pequena capela do lugar as figuras de San Roque e San Antonio.
Como xa é tradición dende fai décadas, ambas imaxes volven  –con motivo da Candelaria– á igrexa nunha singular procesión na que, un ano máis, varias mulleres de Vilar camiñaron os dous quilómetros que separan a aldea do templo parroquial de Cordeiro con cestas cargadas de lacóns sobre a cabeza.
Trátase dunha vella tradición, que se remonta ó ano 1918, cando se declarou unha mortífera epidemia de gripe. Os veciños e veciñas de Vilar reclamaron o auxilio dos santos e o avance da enfermidade parouse. En agradecemento, os veciños e veciñas empezaron a levar como ofrendas lacóns a San Roque e a San Antonio.

Resultado de imaxes para os lacons de vilar corseiro

A procesión faise a pé entre Vilar e Beiro, aldea onde se ergue a igrexa parroquial de  Cordeiro. Ambos lugares están separados por un par de quilómetros, que a comitiva fai en algo máis de hora e media. Uns levan as imaxes de San Roque, San Antonio e San Paio –que logo regresa a Vilar– mentres que as mulleres portan sobre as súas cabezas cestas con hasta tres e catro lacóns, o que pode significar un peso duns 20 quilos.

Festas na parroquia de San Paio de Carreira.

As festas de Nosa Señora de A Guía soen abranguer dous días; a aldea vístese de festa pagana pero garda un marcado carácter relixioso e ofícianse misas de 8 da mañá a 1 da tarde – cantada – e durante a tarde ás 6, 7 e 8. As dúas xornadas de festexos son resultados da fusión doutro par de celebracións: o xa mencionado de A Guía e maila festa do Carme. O día do patrón, San Paio, non se vive un grande ambiente de festa nas rúas pero si aumenta a actividade relixiosa, e soen realizarse varias confirmacións, previstas expresamente para ese día.

                          O grupo Platinum de Riveira, aquí interpretando a peza verbeneira “ABRAN PASO”, rachou ca pana nas pasadas festas da Guía.

DOMINGO A POLOS TRES PUNTOS E ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook