TERCEIRA GALEGA

FURIA – X. AGUIÑO

DOMINGO 10, ÁS 16.45, NO CAMPO RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO (PONTE CESURES)

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Un pouco de Aguiño.

Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira, na punta do Barbanza xusto enfronte á marabillosa illa de Sálvora. No ano 2013 tiña 2.934 habitantes.

Ata 1959 pertencía a parroquia de Carreira. Nese mesmo ano comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Bonachón e sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. O templo presenta unha disposición moi funcional, sendo máis ancha que longa. Nel caben 500 persoas.

En Aguiño sonche moi festeiros. Non hai mais que ver as Festas do Carme ou a do Percebe.

Resultado de imaxes para o carmen de aguiño

Resultado de imaxes para o percebe de aguiño

Falando dos percebes de Aguiño, quen no se lembra do Prestige?

O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.

Resultado de imaxes para o prestige Resultado de imaxes para o prestige

O barco esparceu o seu veleno negro a través daquela deriva mortal e o chapapote inundou en poucos días centos de quilómetros de costa. A tozuda insistencia do Goberno -en minimizar os danos – “Todo apunta a que el combustible que contiene el petrolero Prestige hundido se va a solidificar en el fondo del mar y no va a haber ningún vertido más”, chegou a dicir Mariano Rajoy, entón vicepresidente primeiro do Goberno-, chocou estrepitosamente ca realidade, que cada día deixaba en ridículo ós portavoces gobernamentais.

Mariano Rajoy, anos mais tarde, acabaría sendo presidente do Goberno. Manda carallo!!

a polos tres puntos…ALA FURIA!! Emoticon autos transporte

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *