TERCEIRA GALEGA

CRUÍDO (3º CLASIF., 31 PTOS.)

FURIA (2º CLASIF., 33 PTOS.)

DOMINGO 17, ÁS 16.30, NO CAMPO MUNICIPAL DA SILVA, PARROQUIA DE LOUSAME (CONCELLO DE LOUSAME).

Aquí vos deixamos a localización por satélite:

http://www.novafutbol.com/GoogleMaps.php?direccion=%20Lousame%20Coru%C3%B1a,%20La

http://www.futgal.es/pnfg/pimg/Clubes/00100_0000001329_Cruido.jpgA Asociación Deportiva Cruído é un equipo de fútbol da aldea de Cruído (ou Croído) da parroquia de San Xoán de Lousame, capital do concello.

Resultado de imaxes para concello de lousame

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

Durante a segunda metade do século XIX chegou a haber 5 fábricas de papel en Lousame na riveira de varios ríos. A máis importante foi a de Diego Fontán, na riveira do río Vilacova.

http://www.concellodelousame.gal/images/estaticas/fontan.jpg

Estado actual da fábrica de papel de Brandía.

A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.

É o único concello do Barbanza que non é bañado polo mar. Hoxe conta aproximadamente con 3.400 veciños.

Igrexa de San Xusto.

Resultado de imaxes para mosterio de sobrado dos monxes Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes (cistercienses), converténdose en priorado do mesmo. A orde do Císter é unha orde relixiosa fundada en Citeaux (Borgoña – Francia)por Roberto de Molesmes no ano 1098. Foron coñecidos na idade media como os monxes brancos, pola cor do seu hábito, en oposición aos monxes negros, que eran os beneditinos. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.

http://www.concellodelousame.gal/images/estaticas/minas.jpg

Lousame: Minas de San Fins, Mosteiro de Toxos Outos, as festas do San Roquiño de Tallara, Papeleiras da Riveira, Monte A Muralla…. e tamén a parroquia de San Mariño de Fruíme.

E vós diredes, San Mariño de Fruíme? Pois si.

Nesta parroquia estivo o sacerdote e escritor Diego Antonio Cernadas de Castro (1702–1777), coñecido como “o cura de Fruíme”.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/O_cura_de_Fru%C3%ADme.jpg/250px-O_cura_de_Fru%C3%ADme.jpg Diego Antonio Cernadas

Diego Antonio Cernadas y Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, bautizado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1702 e finado en Fruíme (Lousame) o 30 de marzo de 1777, foi un sacerdote e escritor galego en lingua galega e lingua castelá.

Foi fillo de Antonio Zernadas, escribán da Universidade de Santiago de Composela, e de María de Castro. Coma o seu pai, adoitaba escribir o seu primeiro apelido con zeta (Zernadas). Foi bautizado na Igrexa de San Frutuoso de Santiago. Estudou latín cos xesuítas, foi ordenado sacerdote e acadou o grao de bacharel en Teoloxía pola USC o 31 de xaneiro de 1729. Tomou posesión do curato (cura de almas) de Fruíme con 28 anos, manténdose na parroquia ata a súa morte.

Escribiu obras en prosa e en verso en defensa de Galicia e das inxustizas en xeral. Foi arcipreste de Posmarcos de Arriba, gañou un premio poético en Murcia, e fomentou na parroquia o cultivo do millo. Escribiu obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler á veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión.

Escultura do Cura de Fruíme.

Os seus restos, atopados en 1958, consérvanse na capela das Dores da igrexa parroquial de San Martiño de Fruíme, baixo unha lápida cunha loanza dos veciños. Na súa honra leva o seu nome o CPI de Lousame, construído en 1977 no lugar da Silva.

O concello de Lousame segue reivindicando unhas “Letras Galegas” para o Cura de Fruíme, un tipo con “eles” ben postos.

O 17 de maio de 2018, a Igrexa de Fruíme (Lousame) volveu ser un clamor por cuarto ano consecutivo na reivindicación da dedicación dun Día das Letras Galegas á figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como “o cura de Fruíme”. “Hoxe estamos aquí celebrando un acto reivindicativo de que a Zernadas de Castro se lle tiña que ter dedicado este Día das Letras Galegas algún ano, e xa dende hai moito tempo”, indicou a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

http://www.concellodelousame.gal/images/novas/2018/mayo/HomenaxeZernadas.jpg Homenaxe floral ante o busto de Diego Antonio dos veciños e veciñas de San Xoán de Camboño, San Martiño de Lesende, San Xoán de Lousame, San Pedro de Tállara, San Xusto de Toxos Outos, Santa Eulalia de Vila Cova e de San Mariño de Fruíme.

a polos tres puntos…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *