TERCEIRA GALEGA “DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO”

DOMINGO 24, HORA 17.05, CAMPO R. DIÉGUEZ (PORTO – PONTE CESURES)

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

FURIA – CROCHA

O arciprestado de Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia do norte do concello de A Poboa do Caramiñal. A Crocha de Levante e a Crocha de Poñente son dúas das trinta e nove aldeas que a compoñen. A poboación a día de hoxe anda á beira dos 2026 habitantes.

Resultado de imaxes para Santo Isidro de Posmarcos

Igrexa de Santo Isidro de Posmarcos.

Mais o 24 de febreiro, aparte do importante partido de fútbol, é un día moi especial para nós as galegas e os galegos: o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885). Un extraordinario ser humano.

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro (Casa da Matanza – Iria Flavia – Padrón), organiza por tan nobre causa unhas actividades participativas que van dende o xoves 21 ata o domingo 24.

Aquí vos deixamos o número de contacto por se xurde algún “aquel”:   981 811 204

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa “marabillosa-marabillosa” obra Cantares gallegos.

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra donde m’ eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

Prados, ríos, arboredas,
Pinares que move o vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento,

Muíño d’ os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar,

Amoriñas d’ ás silveiras
Qu’ eu lle dab’ ó meu amor,
Camiñiños antr’ ó millo,
Adios, para sempr’ adios!

Adios groria! Adios contento!
Deixo á casa onde nacín,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pólo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero…
¡Quen pudera non deixar!…

Mais son prob’ e mal pecado.
A miña terra n’ é miña,
Qu’ hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar.
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lar,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
Donde meu pai s’ enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que nos criou.

Adios tamén, queridiña!….
Adios por sempre quizais!…
Dígoch’ este adios chorando
Desd’ a veiriña do mar.
Non m’ olvides, queridiña,
Si morro de soidás….
Tantas légoas mar adentro….
¡Miña casiña! meu lar!

Rosalía de Castro tamén é do Furia!!

domingo a polos tres puntos…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *